Coordenadas: 41°59′5.767″N 2°48′37.42″L / 41.98493528, -2.8103944

O Güell é un río da comarca catalá do Gironès, afluente do río Ter pola dereita.

Güell
O río Güell na cidade de Xirona
PaísCataluña, España
NacementoAiguaviva
Lonxitude13,5 km
DesembocaduraRío Ter

Nace no concello de Aiguaviva da confluencia do Torrente de Can Garrofa e do Rego de Can Gibert. Pasa polo concello de Vilablareix, preto do núcleo do Perelló, para despois entrar na cidade de Xirona pola parte occidental, onde recibe as augas do río Masrocs pola esquerda. Antigamente desembocaba no Onyar ao nordés do Parque da Devesa pero actualmente desemboca directamente no río Ter, ao suroeste do mesmo parque.