The General Theory of Employment, Interest and Money

The General Theory of Employment, Interest and Money, que en galego se podería traducir como A teoría xeral da ocupación, o interese e o diñeiro, considérase o traballo maxistral do economista inglés John Maynard Keynes, e considérase o tratado no que se crea a terminoloxía da moderna macroeconomía.

The General Theory of Employment, Interest and Money
Autor/aJohn Maynard Keynes
OrixeReino Unido
Lingualingua inglesa
EditorialPalgrave Macmillan
Data de pub.1936
editar datos en Wikidata ]

Datos editar

A súa data de publicación é febreiro do 1936, nunha época marcada pola Gran Depresión norteamericana. O libro comeza unha revolución económica, comunmente denominada a "Revolución Keynesiana", na forma na que os economistas pensan no fenómeno económico, e especialmente nos manexos do sector público, e a súa contribución á demanda da economía.

No libro de Keynes, Ensaios en Persuasión, o autor lembra os seus intentos frustrados de influenciar na opinión pública durante a Gran Depresión, a comezos dos anos trinta. A "Teoría Xeral", representa os pulos de Keynes para desprazar a opinión xeral no pensamento que existía na contorna macroeconómica.

Contidos xerais editar

Resumindo, a "Teoría xeral" argumenta que o nivel de emprego na economía moderna determínase por tres factores: a propensión marxinal a consumir (a porcentaxe de calquera incremento na renda que a xente destina para gasto en bens e servizos), a eficiencia marxinal do capital (dependente dos incrementos nas taxas de retorno), e a taxa de interese. O argumento clave no pensamento de Keynes é que unha economía debilitada pola baixa demanda (por exemplo, unha depresión), onde hai un problema causante (dificultade en acadar unha economía que avance con máis forza), entón o goberno (máis concretamente o sector público) pode incrementar a demanda xeral, incrementando os seus gastos (aínda que se incorra en déficit público), sen que o sector público incremente a taxa de interese dabondo para minar a eficacia desta política.

Keynes prevé na "Teoría xeral" que o seu libro ía comezar unha revolución na forma que os homes de negocios pensarían na política pública, e o pensamento Keynesiano (o goberno intentando afectar á demanda a través dos impostos, o gasto público, e a política monetaria) foi moi influente na época da posguerra. A estanflación dos anos 70 fixeron ós intervencionistas keynesianos menos acorde cos políticos e teóricos económicos. Na maioría das economías, comezouse a crer que o manexo da demanda keynesiana era un tema complexo, e que comportaba pequenos danos, como deteriorar os beneficios dun presuposto público axeitado, e daba pulos á inflación. A teoría Keynesiana sufriu do seu propio éxito coa posguerra, terminando con largos períodos de paro e perda de produción, onde non se podía aplicar a teoría. De todos os xeitos, o Keynesianismo aínda agora se mostra na forma da Nova Economía Keynesiana, que intenta mesturar a economía neoclásica cas conclusións da política Keynesiana.

Ademais, Keynes foi un marabilloso comunicador da lingua inglesa, cunha escritura moi fluída que se evidencia no tratado da "Teoría Xeral". Un exemplo é o capítulo 12 que fala do "Estado das Expectativas a Longo Prazo", que é considerado por moitos coma exemplo de tratado no tema da Bolsa. Pola outra banda, moito do seu libro mostra o peor da linguaxe con frase complexas e longas, que non son nada características do estilo de escritura doutras obras previas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar