Teodorico I de Lorena

Thierry I ou Teodorico I,[1] nado arredor de 965 e finado entre o 11 de abril de 1026 e o 2 de xaneiro de 1027, foi conde de Bar e duque de Alta Lorena ou Lorena. Era fillo de Frederico I de Lorena, conde de Bar e duque de Alta Lorena e de Beatriz de Francia, irmá de Hugo Capeto.

Teodorico I de Lorena
Nacemento965
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento11 de abril de 1026
Lugar de falecementovalor descoñecido
Ocupaciónfeudatario
PaiFrederico I de Lorena
NaiBeatriz de França
CónxuxeRichilde e Richilde
FillosFrederick II, Duke of Upper Lorraine, Hildegard of Sundgau e Adèle de Haute-Lorraine
IrmánsAdalbéron II de Metz
Na rede
WikiTree: Lorraine-162
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Sucedeu ao seu pai en 978 e a súa nai ocupou a rexencia ata 987. En 985, xunto con outros señores de Lorena (incluído o seu primo Godofredo o Cativo, conde de Verdún), loitou contra o rei Lotario I de Francia que cercaba Verdún, pero foi feito prisioneiro.

Foi un partidario incondicional dos emperadores otonianos e loitou por Henrique II contra os seus curmáns en Luxemburgo en 1011. Foi capturado de novo en 1018 loitando en Borgoña, pero derrotou a Odón II de Blois, conde de Troyes e de Meaux.

En 1019, asociou ao seu fillo Frederico II no goberno do ducado. Á morte do emperador Henrique II (1024), loitou contra Conrado II, pero despois cambiou de bando e recoñeceu ao emperador.

Matrimonio e fillos editar

Casou cara ao ano 985 con Riquilda, probabelmente filla de Folmar I de Bliesgau, conde de Lunéville e conde de Metz, e tivo:

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar