Abrir o menú principal
Arquipélago gaditano.

O Templo de Hércules Gaditano foi un santuario que existiu nas antigas Illas Gadeiras, nas augas próximas ó actual Illote de Sancti Petri (San Fernando, España).[1][2][3]

As orixes do templo remóntanse ós tempos de asentamento fenicio, pobo que construíu un templo en honra a Melqart. Continuouse tributando culto a devandito deus durante a dominación cartaxinesa, pero durante a presenza romana tributouse culto a Hércules.

HistoriaEditar

No século I a. C. Estrabón refire na súa Xeografía que os tirios fundaron Gadeira, alzando un santuario a Melkart, figuración primitiva de Hércules, na parte oriental da illa e a cidade na parte occidental. Dicíase que o templo fora fundado en tempos da guerra de Troia a comezos do século XII a. C.

 
Vista do Illote de Sancti Petri.

O santuario probablemente sería un conxunto de edificacións onde habería un edificio principal e un patio ó que se accedía por unha porta franqueada por dúas grandes columnas. Segundo narra Silio Itálico no século I a. C., no frontispicio aparecían os doce traballos de Hércules labrados en bronce. Non existía ningunha imaxe do deus no interior do recinto. Así mesmo, fai referencia ó feito de que os sacrificios humanos estaban prohibidos e a que no seu altar ardía un lume perpetuo, coidado pola incesante vixilancia dos seus sacerdotes. Segundo Estrabón, nas columnas da entrada os navegantes facían os seus sacrificios. Abundaban no santuario os altares de bronce con escenas da vida de Hércules onde ardía o lume. Ademais eran famosos os dous pozos de auga doce que tiñan un réxime de crecidas inverso ó das mareas.

NotasEditar

  1. El TSJA otorga el islote de Sancti Petri a San Fernando El País, 26 de diciembre de 2005
  2. La Junta no recurrirá la sentencia sobre el islote de Sancti Petri La Voz de Cádiz, 18 de febrero de 2006
  3. Leonor de Bock Cano. Fundación Vipren, ed. "El Templo de Hércules gaditano" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2018. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • De Bock, Leonor. El templo de Hércules gaditano: realidad y leyenda. Chiclana de la Frontera. 2005.