Temisat (acrónimo de Telespazio Micro Satellite) é un satélite artificial italiano lanzado nun foguete Tsiklon 3 desde o cosmódromo de Plesetsk o 31 de agosto de 1993 xunto co satélite Meteor-2 21.[2][3][5][6]

Temisat / Telespazio Micro Satellite
TipoExperimental / Comunicacións
OrganizaciónTelespazio SpA
Contratistas principaisKayser-Threde GmbH
Data de lanzamento31 de agosto de 1993, 4:40 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTsiklon 3[3][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[3][6]
Obxectivo da misiónExperimental e comunicacións.[3][6]
NSSDC ID1993-055B
Masa42 kg[3]
DimensiónsForma de caixa de 35 x 35 x 35 cm de lado[6]
Potencia65 W[5]
Datos orbitais
Semieixo maior7328 km[1]
Inclinación82,6 graos[1]
Apoapse975,6 km[1]
Periapse940,4 km[1]

Características editar

Temisat foi construído por Kayser-Threde GmbH para a empresa italiana Telespazio SpA. Foi deseñado como primeiro elemento dun sistema comercial de dous satélites para recoller datos nas bandas VHF e UHF de estacións ambientais en terra e reenvialos a un destino final. O satélite tiña forma de cubo de 35 cm de lado e 42 kg de masa. Xeraba ata 65 watts de potencia mediante células solares, establizábase mediante xiro e tiña dúas memorias de 8,5 Mbyte a bordo cada unha para almacenar datos. A esperanza de vida do satélite era de entre 3 e 5 anos, pero fallou despois de algo máis dun ano en órbita. A segunda unidade ía lanzarse en 1995 pero finalmente quedou en terra e foi transferido á Universidade Técnica de Delft con propósitos educativos.[3][5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "TEMISAT" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 22 November 1993 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-20673T). 12 de xaneiro de 1994: 2. Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "TEMISAT" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Temisat" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Temisat" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Temisat" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar