Telémaco (cráter)
Telémaco é un prominente cráter de impacto da lúa de Saturno, Tetis. Ten 92 km de diámetro,situado nas coordenadas 54° N 339,4° O, formouse sobre a Ítaca Chasma, a enorme estrutura de fendas, vales e depresións de Tetis . O seu nome procede do nome do fillo do heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea.[1]
Telémaco | |
---|---|
![]() | |
Telémaco sobre a Ítaca Chasma | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Tetis |
Diámetro | 92 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 54° N 339,4° O[1] |
Procedencia do nome | Fillo de Odiseo, o heroe da Odisea.[1] |
A principal característica deste cráter é que ten un destacable pico central e uns bordos moi definidos, o cal suxire que sexa un cráter relativamente novo, ademais de formarse sobre a Ítaca Chasma, o cal da unha referencia da antigüidade desta chasma, xa que á parte deste cráter, a chasma ten outros cráteres máis pequenos sobre ela[2][3], o cal serve para data-la idade desta chasma.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Tethys: Telemachus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 08-05-2010.
- ↑ "PIA10460: Ancient Rift". 02-09-2008. Consultado o 05-05-2010.
- ↑ "PIA10506: Crater and Canyon". 05-11-2008. Consultado o 05-05-2010.