Ítaca Chasma é unha enorme estrutura de vales, depresións e escarpas da lúa de Saturno, Tetis. Na súa parte máis ancha mide ó redor de 100 km e entre 3 e 5 km de profundidade, transcorre ó longo dunha distancia de preto de 2.000 km, aproximadamente tres cuartas partes da circunferencia total de Tetis. O seu nome procede da illa grega de Ítaca.[2] Ítaca Chasma é aproximadamente concéntrica respecto do cráter Odiseo.[1]

Ítaca Chasma
Tetis e Ítaca Chasma.
Tipo de accidente xeolóxico Chasma
Accidente xeolóxico de Tetis
Lonxitude ~2.000 km[1]
Anchura 10-100 km[1]
Profundidade 3-5 km[1]
Coordenadas 14° S 6,1 O[2] (centrado sobre)
Procedencia do nome Ítaca, unha illa de Grecia.[2]
Diagrama explicativo da aparición dos Graben e Horst.

Esta chasma é unha estrutura moi complexa, que ten moitos vales e sobre todo moitas fallas e escarpas que transcorren paralelas entre si, estas fallas levan consigo a formación de bloques na superficie chamados graben e horst, os graben serían os bloques que estarían nas depresións das fallas e os horst serían os bloques elevados entre as fallas (véxase o diagrama para visualiza-lo fenómeno). O ancho da chasma pode variar de entre un poucos quilómetros ata chegar a un ancho de máis de 100 km[1]. A idade de Ítaca Chasma está estimada en 4 mil millóns de anos ou entre 0,4–3,3 mil millóns de anos, dependendo da cronoloxía escollida para os impactos. A chasma parede ser un pouco máis nova co cráter Odiseo,[3] pero con todo debe ser bastante vella xa que posúe sobre ela mesma cráteres tan grandes coma Telémaco e moitos outros máis pequenos[4][5].

Recreación artística de Ítaca Chasma
Imaxe en primeiro plano do final sur da Ítaca Chasma, na cal se poden aprecia-las escarpas paralelas da chasma con nitidez, imaxe tomada pola sonda Cassini.

Pensase que está chasma apareceu cando a auga líquida do interior de Tetis se conxelou, causando a expansión do interior, que acabou por fende-la cortiza da lúa para adecuarse ó seu novo volume extra.[1] Os cráteres de impacto anteriores á solidificación de Tetis moi posiblemente foron borrados pola actividade xeolóxica que acontecería con posterioridade.[3]

O océano baixo a superficie de Tetis podería ter sido o resultado dunha resonancia orbital de 2:3 entre Dione e a propia Tetis ó comezo da historia do noso Sistema Solar. A resonancia podería ter levado a unha maior excentricidade orbital e a un quecemento do interior de Tetis debido ás mareas gravitatorias que podería ter sido dabondo para formar un océano baixo a cortiza. O posterior arrefriamento deste océano despois de que a lúa escapase da resonancia, sería a causa da aparición tensións na cortiza da lúa que criarían a Ithaca Chasma.[6][7]

Unha hipótese alternativa suxire que a chasma se formou ó mesmo tempo co gran cráter Odiseo, a chasma parece concéntrica respecto do cráter e está situada na outra cara da lúa; cando o evento de colisión creou Odiseo, as ondas do impacto viaxarían a través de Tetis, fendendo o xeo da feble cortiza no hemisferio oposto a Odiseo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Moore, Jeffrey M.; Schenk, Paul M.; Bruesch, Lindsey S. e colaboradores. (2004). "Large impact features on middle-sized icy satellites" (PDF). Icarus 171: 421–43. doi:10.1016/j.icarus.2004.05.009. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 27 de marzo de 2009. Consultado o 05 de maio de 2010.  Arquivado 27 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 2,2 Tethys Nomenclature: Chasma, chasmata—USGS Astrogeology Research Program
  3. 3,0 3,1 Giese, Bernd; Wagner, Roland; Neukum, Gerhard e colaboradores (2007). "Tethys: Lithospheric thickness and heat flux from flexurally supported topography at Ithaca Chasma" (PDF). Geophysical Research Letters 34: L2120. doi:10.1029/2007GL031467. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 25 de xullo de 2011. Consultado o 05 de maio de 2010. 
  4. "PIA10460: Ancient Rift". 02-09-2008. Consultado o 05-05-2010. 
  5. "PIA10506: Crater and Canyon". 05-11-2008. Consultado o 05-05-2010. 
  6. conferencia: Thermal and Orbital Evolution of Tethys as Constrained by Surface Observations, por E. M. A. Chen e Nimmo, F. (marzo do 2008), publicado no libro Lunar and Planetary Science XXXIX (2008)
  7. Rincon, Paul (14-03-2008). BBC, ed. "Saturn moon 'once had ocean'". BBC News web site. Consultado o 14-03-2008. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar