The Teen Idles

(Redirección desde «Teen Idles»)

The Teen Idles foi unha banda estadounidense de hardcore punk formada en Washington, D.C. en agosto de 1979. Uns adolescentes Nathan Strejcek, Geordie Grindle, Ian MacKaye e Jeff Nelson foron os membros do grupo. A súa discografía consiste en dúas sesións demo e un EP, Minor Disturbance, editado antes da súa separación en novembro de 1980. The Teen Idles foi a primeira banda en asinar coa influente discográfica independente Dischord Records. Foron un dos primeios referentes tanto do movemento straight edge como do D.C. hardcore, e MacKaye e Nelson formarían posteriormente a banda seminal Minor Threat.

The Teen Idles
OrixeWashington, D.C.,
Período1979 – 1980
Xénero(s)hardcore punk
Selo(s) discográfico(s)Dischord Records
MembrosNathan Strejcek
Geordie Grindle
Ian MacKaye
Jeff Nelson
Na rede
http://www.dischord.com/band/teenidles
IMDB: nm2902300 Bandcamp: teenidles Musicbrainz: 84e8d8bf-da21-4488-89e5-50a4c12ff4fa Songkick: 431360 Discogs: 271699 Editar o valor en Wikidata

The Teen Idles estiveron entre os primeiros grupos de punk rock do movemento hardcore de principios dos 80 en saír da súa escena local e xirar por todos os Estados Unidos. Inspirados por outras bandas de punk estadounidense como The Cramps e Bad Brains, a música de The Teen Idles foi unha primeira versión do hardcore punk, e un intento, segundo palabras de MacKaye, "de escapar dunha música moi danada". Os seus directos, letras e estilo musical buscaron revivir un movemento punk que eles crian que perdera o seu entusiasmo orixinal.

Discografía

editar