Technology Experiment Satellite

satélite experimental indio

Technology Experiment Satellite ou TES foi un satélite artificial da India lanzado o 22 de outubro de 2001 a bordo dun foguete PSLV-G desde o Centro Espacial Satish Dhawan.[1][2][4][5]

Technology Experiment Satellite / TES
TipoExperimental / Observación terrestre
OrganizaciónISRO
Data de lanzamento22 de outubro de 2001[1][2][3]
Foguete portadorPSLV-G[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial Satish Dhawan[2][4][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico para observación terrestre.[2][4][5]
NSSDC ID2001-049A
Masa1108 kg[4][2]
Datos orbitais
Semieixo maior6850 km[1]
Inclinación97,9°[1]
Apoapse497,3 km[1]
Periapse460,9 km[1]

Características

editar

TES, cunha masa de 1108 kg, foi lanzado a unha órbita duns 550 km de altura para demostrar e validar varias tecnoloxías relacionadas tanto coa observación terrestre como co control dos satélites en órbita. Entre as tecnoloxías probadas estaban volantes de inercia de elevado torque, un novo sistema de control a reacción con propulsores optimizados e un único tanque de propelente, estrutura lixeira do satélite, unha grabadora de estado sólido, unha antena en banda X de aliñamento de fase, un sistema de posicionamento do satélite mellorado, sistemas de enerxía mellorados e unha cámara cunha óptica con dous espellos sobre o eixo, así como unha cámara pancromática para experimentos de detección remota.[1][2][4][5]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "TES" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "TES" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  3. "Note verbale dated 9 November 2001 from the Permanent Mission of India to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-89647 (E)). 11 de decembro de 2001: 2. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "TeLEOS 1" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2024). "TES" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar