Teófilo Forero
Teófilo Forero Castro, nado en Natagaima, Tolima en 1937 e finado en Bogotá o 27 de febreiro de 1989, foi un obreiro metalúrxico, dirixente sindical e comunista colombiano, fundador da Confederación Sindical de Traballadores de Colombia (CSTC).[1] Foi asasinado en 1989.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1937 Natagaima, Colombia |
Morte | 27 de febreiro de 1989 (51/52 anos) Bogotá, Colombia |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político, sindicalista |
Partido político | Partido Comunista Colombiano |
Traxectoria
editarNaceu en Natagaima, Tolima, nunha familia labrega. Tivo tres fillos. Marchou a Bogotá fuxindo da violencia e converteuse en obreiro, posteriormente dirixente do sindicato de Talleres Centrais.
Militante do Partido Comunista Colombiano (PCC) dende a década de 1950, ingresou durante a ditadura de Gustavo Rojas Pinilla, na cal o Partido actuaba na clandestinidade.
En 1964 foi fundador da Confederación Sindical de Traballadores de Colombia (CSTC) formando parte do seu primeiro comité confederal.
Contribuíu á fundación da Federación Sindical de Traballadores de Cundinamarca (Festrac), da cal foi o seu presidente.
Foi concelleiro de Bogotá durante varios períodos, posición á que o levou o movemento sindical e popular. Tamén exerceu en varias ocasións como deputado da Asemblea Departamental de Cundinamarca.
Morte
editarTeófilo Forero foi asasinado o 27 de febreiro de 1989 en compaña da súa esposa Leonilde Moura, do dirixente do PCC Antonio Sotelo e do condutor do vehículo no que se desprazaban, José Antonio Toscano.
Trala súa morte foi fundado a Fronte 55 Teófilo Forero do Bloque Oriental das FARC-EP.
Notas
editar- ↑ "El verdadero Teófilo Forero". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 6 de febreiro de 2019.
- ↑ Colombia Nunca Más. "Teófilo Forero Castro". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2010. Consultado o 28 de maio de 2010.