Levofloxacina
A levofloxacina (nome comercial Tavanic) é un antibiótico da clase quinolona, cuxa diana é a enzima ADN xirasa bacteriana. Ten actividade fronte a bacteria grampositivas e bacteria gramnegativas. Ten unha actividade fronte a grampositivos moi superior ca ciprofloxacina, pero menor actividade para gramnegativos.
Levofloxacina | |
---|---|
Identificadores | |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Usos
editarA levofloxacino é un antibiótico moi empregado para pneumonía, con cobertura de Streptococcus pneumoniae e outros patóxenos menos frecuentes (Legionella pneumophila e Mycoplasma pneumoniae). Tamén se emprega en bacteriemias por Staphylococcus aureus (aínda que non son activos fronte a Staphylococcus aureus resistente á meticilina. Actualmente, non son axeitados para o tratamento empírico de infección do tracto urinario pola elevada taxa de resistencias entre bacterias gramnegativas, especialmente en Escherichia coli.
Dose
editarA dosificación máis habitual é de 500 miligramos diarios, agás na pneumonía, onde se adoitan escoller doses de 500 mg cada 12 horas, polo menos nas primeiras 24 ou 48 horas.
Efectos secundarios
editarA levofloxacina non se pode empregar en mulleres embarazadas porque incrementa o risco de malformacións fetais. Nos nenos e adolescentes non se pode empregar porque se asocia a lesións nos tendóns e alteracións no crecemento.
A nivel cardiaco, pode inducir arritmias, sobre todo síndrome de QT largo. Interacciona con medicamentos antiarrítmicos coma amiodarona.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Guía de terapéutica antimicrobiana 2008. Mensa J, Gatell J Mª, Azanza J R, et al. Elsevier Doyma. 2008. ISBN 978-84-458-1813-8.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |