Tauranga
Coordenadas: 37°41′S 176°10′L / -37.683, -176.167
Tauranga (en maorí: Tauranga-moana) é a cidade máis poboada e capital da rexión neozelandesa de Bay of Plenty, na Illa Norte. A zona foi colonizada polos maorís a finais do século XIII e a comezos do século XIX polos europeos. En 1963 foi constituída oficialmente como cidade.[1] Cunha área urbana na que viven 127.700 habitantes (estimación de xuño de 2014), é a sexta cidade de Nova Zelandia por poboación. Tamén é un dos principais centros de negocios, comercio internacional, cultura, moda e horticultura do país. O porto de Tauranga é o meirande de Nova Zelandia en termos de volume de exportacións e eficiencia.[2]
Tauranga | |
---|---|
Tauranga-moana | |
![]() | |
Vista de Tauranga en xaneiro de 2006. | |
Localización | |
País | ![]() |
Illa | Illa Norte |
Rexión | Bay of Plenty |
Xeografía | |
Altitude | 232 msnm |
Superficie | 168 km² |
Demografía | |
Poboación | 121.700 hab. (2014) |
Densidade | 720 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 3110, 3112, 3116, 3118 |
Alcalde | Stuart Crosby |
tauranga.govt.nz |
XeografíaEditar
Tauranga atópase arredor dun gran porto que se estende ao longo do bordo occidental da baía da abundancia. Está protexida na costa pola illa Matakana e no interior polo xa extinto volcán Mauao
Tauranga é aproximadamente a antípoda da cidade andaluza de Xaén.
ClimaEditar
Tauranga ten un marcado clima oceánico, aínda que tamén pode ser descrito como subtropical por mor do alto grao de humidade nos meses de verán.[3]
Durante o verán a cidade énchese de turistas, principalmente atraídos polas praias de area branca que se atopan entre a vila de Mount Maunganui e Papamoa.
Datos climáticos para Tauranga (1981−2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 24,0 | 24,0 | 22,5 | 19,9 | 17,4 | 15,1 | 14,5 | 15,0 | 16,6 | 18,1 | 20,1 | 22,3 | 19,1 |
Media diaria en °C | 19,4 | 19,6 | 18,0 | 15,5 | 13,2 | 10,8 | 10,2 | 10,7 | 12,3 | 13,9 | 15,8 | 18,0 | 14,8 |
Media mínima en °C | 14,8 | 15,3 | 13,5 | 11,0 | 9,0 | 6,6 | 5,9 | 6,4 | 8,0 | 9,7 | 11,4 | 13,6 | 10,4 |
Precipitación media mm | 76,0 | 86,6 | 92,7 | 120,9 | 105,7 | 115,7 | 127,4 | 112,3 | 87,6 | 90,4 | 75,3 | 90,3 | 1 180,9 |
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) | 6,4 | 7,0 | 8,0 | 8,4 | 8,6 | 10,9 | 11,5 | 11,8 | 10,4 | 10,3 | 9,1 | 8,2 | 110,4 |
Humidade relativa media (%) | 74,4 | 77,7 | 77,7 | 80,4 | 83,3 | 85,5 | 84,1 | 81,9 | 77,4 | 75,2 | 73,4 | 74,8 | 78,8 |
Media de horas de sol mensuais | 261,5 | 217,3 | 214,0 | 183,9 | 165,3 | 135,4 | 151,0 | 173,4 | 174,1 | 212,7 | 224,2 | 232,7 | 2 345,6 |
Fonte: NIWA Climate Data[4] |
NotasEditar
- ↑ Tauranga City Council (ed.). "Local Government 1860 - present". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008. Consultado o 12 de setembro de 2015.
- ↑ "Port of Tauranga Limited". Consultado o 12 de setembro de 2015.
- ↑ NIWA (ed.). "Northern New Zealand". Consultado o 12 de setembro de 2015.
- ↑ "Climate Data and Activities". NIWA Science. Consultado o October 15, 2013.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tauranga |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)