Taumako é a maior das illas Duff. A illa, de 5´7 km de lonxitude, ten unhas costas empinadas e con forte pendente, chegando a alcanzar os 400 metros sobre o nivel do mar. Está composta de lavas basálticas e piroclasticas como o resto das illas do arquipélago.

Taumako
Localización da illa
Situación
PaísIllas Salomón
ProvinciaTemotu
ArquipélagoIllas Duff
MarOcéano Pacífico
Coordenadas9°57′S 167°13′L / -9.950, -167.217
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Punto máis alto400 m.
Demografía
Poboación439 hab. (1999)

Historia editar

O primeiro europeo en visitar as Illas Duff foi a expedición liderada polo explorador español Quirós no ano 1606. Un dos últimos descubrimentos arqueolóxicos contiñan obxectos fabricados con materiais europeos. Entre elas, unha peza de cerámica que ten unha mineraloxía coherente coa cerámica española do período de Quiros. Ademais unha pequena peza de latón ten unha composición química que suxire a mesma derivación (Leach e Davidson 2008: 272).

Os habitantes das illas Duff son polinesios, e a súa linguaxe, o pileni, forma parte da rama das linguas samoanas, dentro das linguas polinesias. Nas illas Duff viven unhas 439 persoas (segundo o censo de 1999). As illas foron colonizadas polos lapitas sobre o ano 900a.C. A estes seguíronlles os colonos melanesios, e finalmente, a mediados de 1400 chegaron os colonos polinesios.

A pesca e a agricultura de subsistencia é o modo de vida tradicional. A illa non ten estradas, aeroporto, teléfonos ou electricidade. O contacto co exterior lógrase mediante radios con batería e o barco de carga que chega á illa ocasionalmente.

Navegación tradicional editar

Estudos realizados por David Henry Lewis e Marianne George puxeron de manifesto que as técnicas tradicionais polinesias de navegación aínda se preservan nestas illas.[1] Os habitantes de Taumako son os construtores dunha das proas, un tipo de embarcación de Oceanía, máis antigas documentadas chamada Te Puke e coñecida polos occidentais como Tepukei. A partir de 1996 o proxecto Vaka Taumako traballou para perpetuar as tecnicas dos antigos navegantes polinesios do pobo de Taumako.[2]

Notas editar

  1. Finney e Low, 2006, p. 163.
  2. "Vaka Taumako Project website". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar