Tarbert
Coordenadas: 55°51′48″N 5°24′56″O / 55.863246, -5.4156080
Tarbert (en escocés: An Tairbeart ou Tairbeart Loch Fìne, para distinguilo doutros lugares co mesmo nome) é unha vila do oeste de Escocia, na área de Argyll e Bute. Foi construída a carón do East Loch Tarbert, un illote de Loch Fyne, e esténdese sobre o istmo que une a península de Kintyre con Knapdale e West Loch Tarbert. Tarbert tiña unha poboación de 1 338 persoas (censo de 2001).[1]
NotasEditar
- ↑ "Comparative Population Profile: Tarbert Locality, Scotland". scrol.gov.uk. 2001. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2008.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tarbert |