Taraf de Haïdouks
Taraf de Haïdouks é unha banda romanesa de música romaní, orixinaria da comuna de Clejani, do distrito Giurgiu. É o grupo máis célebre do xénero na era poscomunista.
Taraf de Haïdouks | |
---|---|
concerto en Caldas de Reis | |
Orixe | Clejani, Romanía |
Período | 1990- |
Xénero(s) | música romaní |
Selo(s) discográfico(s) | divano production |
Membros | Fixos: Ilie Iorga, Paul Giuclea, Constantin Boieru Lautaru, Gheorghe Anghel, Gheorghe Fălcaru, Gheorghe Robert, Marin Manole, Ionitsa Manole e Ion Tanase. Ocasionais: Constantin Sandu, Florea Pârvan, Marin Sandu |
Antigos membros | Nicolae Neacşu, Dumitru Baicu, Ion Manole |
Na rede | |
blog do grupo | |
Son coñecidos no seu país como Taraful Haiducilor, que vén a significar "banda dos proscritos". "Taraf" é tamén o nome tradicional dos grupos de lăutaris (músicos xitanos da tradición romanesa). "Haiduk" é unha palabra de orixe turca que significa "bandido"; en romanés ten unha connotación arcaica ou rústica. O nome do grupo é coñecido internacionalmente como "Taraf de Haïdouks" (construción xenitiva francesa).
A agrupación formouse en 1990, pouco despois da morte do ditador Nicolae Ceaușescu. Inicialmente eran doce músicos non profesionais, que tocaban por pasalo ben. Son coñecidos na Europa occidental mercede ó etnomusicólogo suízo Laurent Aubert e ós músicos belgas Stéphane Karo e Michel Winter.
Membros
editarFundadores
editar- Nicolae Neacşu ("Culai"): violín e voz. Falecido en setembro de 2002.
- Dumitru Baicu ("Cacurică"): pequeno címbalo e voz. Falecido en setembro de 2007.
- Ion Manole ("Şaică" ou "Boşorogu"): violín e voz. Falecido.
- Ilie Iorga: voz, orixinario de Mârşă.
- Paul Giuclea ("Pasalan"): violín e voz, orixinario de Mârşă.
- Constantin Boieru Lautaru ("Costica"): violín e voz, orixinario de Mârşă.
- Gheorghe Anghel ("Caliu"): violín.
- Gheorghe Fălcaru ("Fluierici"): frauta, contrabaixo.
- Gheorghe Robert: viola.
- Marin Manole ("Marius"): acordeón.
- Ionitsa Manole: acordeón.
- Ion Tanase ("Ionică"): pequeno e gran címbalo.
Membros ocasionais
editar- Constantin Sandu ("Dinu"): pequeno címbalo e voz.
- Florea Pârvan: contrabaixo, acordeón e voz.
- Marin Sandu: ("Ţagoi"): contrabaixo, acordeón e voz.
Discografía
editar- Honourable Brigands, Magic Horses and Evil Eye (1994).
- Gypsy Music from Romania (1994).
- Dumbala Dumba (1998).
- Musiques des Tziganes de Roumanie (1998).
- Band of Gypsies (2001).
- Maškarada (2007, sobre reinterpretacións da música romanesa de Béla Bartók).
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Romanía |