Tapiz da Creación

Tapiz da Creación (en catalán: Tapís de la Creació) tamén chamado Tapiz de Xirona (en catalán: Tapis de Girona), é un bordado do século XI ou de comezos do XII[1][2] que se atopa no Museo Capitular da Catedral de Xirona. É único no seu xénero e a peza máis importante de tódalas de arte téxtil románica que se conservan, só comparable ó Tapiz de Bayeux como un testemuño da pintura á agulla[3] da época románica.[4] De 358 cm de altura por 450 cm de largura, está bordado con las de cores e ten unha xustificada fama universal e atrae constantmente a atención dos estudosos pola riqueza do seu contido temático e iconográfico. Amosa unha sinfonía sobre a creación do mundo e a estadía do home no Paraíso, e unha coroa cósmica na cal os elementos da natureza arrodean a figura central de Xesucristo.

Tapiz da Creación
ArtistaAnónimo
Dataséculo XI
TécnicaTapiz bordado
Dimensións450 cm × 358 cm
LocalizaciónMuseo Capitular da Catedral (Xirona)

A obra foi exposta fóra da catedral en dúas ocasións: no ano 1888 na Exposición Universal de Barcelona e posteriormente en 1892 en Madrid.[5]

Notas editar

  1. Palol, Pere de, (1992) páx.86
  2. Rudloff, Diether, (2007), páx. 177
  3. "Bordado do tapiz da Creació" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2010. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  4. Bracons Clapés, Josep (2000), páx. 124
  5. "Retorn del Tapís de la Creació a la Catedral de Girona". Nota de premsa: Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya: p. 8. 4 de abril de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar