Talk on Corners
Talk On Corners foi o segundo e máis exitoso disco de estudio gravado pola banda irlandesa The Corrs. Mentres que en Forgiven, Not Forgotten mesturaran o son pop e rock co folk irlandés, neste decantábanse cara o pop con enfeites tradicionais irlandeses. The Corrs visita Galicia na súa xira mundial en 1999 despois da edición do disco.
Talk On Corners | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Corrs | ||||
Gravación | 1997. | |||
Estudio(s) | Estudios West Coast Estados Unidos; Peak Studios Dublín. | |||
Duración | 60,55 | |||
Xénero(s) | Pop-rock, Folk, Celta | |||
Selo(s) | Atlantic Records/Lava | |||
Producido por | David Foster, Jim Corr, Oliver Leiber, Glen Ballard, John Hughes, Rick Nowels e Billy Steinberg. | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Foi editado en 1997 vendéndose arredor 11 millóns de exemplares entrando nas listas de ducias de países. Acadou 20 discos de platino en Irlanda, 9 no Reino Unido , 7 en España e 4 en Australia entre outros. É un dos álbums estranxeiros máis vendidos e con maior duración nas listas de vendas españolas nos anos 90, tendo tamén grande éxito en Galicia, e sendo o décimo noveno álbum máis vendido na historia do Reino Unido con 2.944.547 copias, sendo o disco máis vendido na illa británica en 1998 e o noveno de 1999. Chegou un momento no que, estando número #1 no Reino Unido Talk On Corners, acadou o número #2 Forgiven, Not Forgotten, o primeiro álbum da banda, de 1995, feito que só tiña o precedente cos Beatles. Este feito debeuse á emisión en vivo pola BBC dun concerto de The Corrs o día de San Patricio no Royal Albert Hall.
O álbum inclúe unha versión folk do clásico de Jimi Hendrix Little wing.
Lista de temasEditar
- Only When I Sleep Só Cando Durmo (Sinxelo)
- When he's not around Cando El Non Está Arredor (Sinxelo)
- Corte intrumental
- What Can I Do? Que lle podo facer? (Sinxelo)
- I Never Loved You Anyway Xamais te amei de xeito ningún (sinxelo)
- So Young Tan novos (sinxelo)
- Don't say you love me Non digas que me queres
- Love gives love takes Dar amor coller amor
- Hopelessly addicted Adicta sen remedio
- Paddy McCarthy (Instrumental)
- Intimacy Intimidade
- Queen of Hollywood Raíña de Hollywood
- Corte instrumental
- No good for me Non é bo para min
- Little wing (Jimi Hendrix) Á miúda
- Bonus Track: Dreams Soños (Sinxelo)
ReediciónsEditar
Grazas ao progresivo éxito deste álbum, seguíronlle numerosas reedicións en varios países e unha edición especial en 1998 (Talk On Corners Special Edition) con varios "remixes". Así a edición xaponesa inclúe os sinxelos Remember (Lembrar) e What I Know (O que eu sei), ambos inéditos. A edición para Malaisia e Singapur foi un CD duplo con 5 "bonus track". Tamén houbo edición senlleira para os Estados Unidos.
Listaxes de vendasEditar
Álbum
Ano | Lista | Posición | Certificación |
---|---|---|---|
1998 | UK Charts | 1 | 9 Platinos |
1997 | Lista España | 3 | 7 Platinos |
1997 | Irish Charts (Irlanda) | 1 | 20 Platinos |
1998 | Estados Unidos | 72 | 1 Ouro |
1997 | Charts Australia | 1 | 4 Platinos |
1997 | Charts Francia | 5 | 1 Platino |
1997 | Charts Suíza | 5 | 1 Platino |
1997 | Charts Alemaña | 9 | 1 Ouro |
1997 | Charts Austria | 9 | ? |
1997 | Charts Suecia | 3 | ? |
1997 | Charts Finlandia | 2 | ? |
1997 | Charts Nova Zelandia | 1 | ? |