Takiji Kobayashi

escritor xaponés

Takiji Kobayashi (小林 多喜二), nado o 13 de outubro de 1903 e finado o 20 de febreiro de 1933, foi un escritor xaponés de literatura proletaria. É coñecido sobre todo pola súa novela curta Kanikōsen, publicada en 1929, na que narra a dura vida de pescadores e mariñeiros a bordo dun cargueiro así como o inicio da súa revolta contra a compañía e os seus xestores.

Infotaula de personaTakiji Kobayashi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 小林多喜二 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Ōdate Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 1933 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
Toquio Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónOtaru University of Commerce (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , novelista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1920 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorHokkaido Takushoku Bank (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Japonês (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoLiteratura proletária (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0462065 WikiTree: 小林-18 Editar o valor em Wikidata

Vida editar

Primeiros anos editar

Naceu en Ōdate no seo dunha familia traballadora, que en tempos pasados gozara dunha posición acomodada. Aos catro anos mudouse a Otaru, na illa de Hokkaido, trala morte do seu irmán primoxénito[1]. Nesta cidade, centro industrial e administrativo moi activo, foron acollidos inicialmente por un tío paterno. Sendo neno, foi testemuña das condicións de escravitude que padecían os obreiros que traballaban na construción dun novo porto[1]. Kobayashi axudaba ó seu tío nos negocios familiares, e tras rematar a escola comezou os estudos de comercio. Durante un tempo, foi atraído cara a pintura. Formou un pequeno círculo e mesmo chegou a participar nalgunha exposición mais tivo que deixalo trala oposición do seu tío[1]. Finalmente dirixiu os seus intereses cara a narrativa.

Formación e activismo editar

Na escola de Comercio entrou en contacto con diversas personaxes coma Sei Ito ou o profesor Nobuyuki Okuma[1]. Foi unha época de aprendizaxe literaria, de estudos sobre o Marxismo, así coma de filiación sindicalista[2]. No ano 1923 participou nunha colecta a beneficio das vítimas do terremoto de Kanto e ademais comezou unha relación epistolar co escritor e editor Naoya Shiga[1]. Tras graduarse comezou a traballar coma empregado de banca, ó mesmo tempo que iniciaba o seu activismo político ou dirixía a edición xaponesa adscrita ó movemento pacifista Clarté[1]. En decembro de 1928 produciuse a primeira votación universal para elixir a Asemblea Nacional. Kobayashi participou activamente a prol do Partido Laborista Campesiño, ó cal obtivo os seus primeiros representantes. Ante o ascenso da esquerda, o primeiro ministro Giichi Tanaka, ordenou o 15 de marzo do mesmo ano a detección e tortura de milleiros de persoas desta ideoloxía. Este episodio foi descrito por Kobayashi na súa obra 15 de marzo de 1928, que apareceu por entregas nos meses de novembro e decembro e sendo considerada polo autor coma a súa primeira verdadeira obra[1]. Posteriormente no 1929, publicou Kanikōsen onde describía as duras condicións de vida e traballo dos pescadores no Mar de Okhotsk. Inmediatamente prohibiuse a súa distribución, converténdose nun éxito de vendas. Grazas a este éxito, recibiu un encargo da revista Chuo Koron para escribir unha nova novela (co título de Absentista en castelán) centrada na vida dos campesiños na illa de Hokkaido[1]. Nela describiase a explotación inxustificada dos campesiños polo banco no que el mesmo traballaba. Debido a isto foi despedido. Dende entón centrouse na súa actividade literaria e na redacción de O Camarada onde describía a loita duns traballadores dunha fábrica de armamento por unhas condicións dignas. Apareceu por entregas nos números de abril, maio e xuño na revista Kaizo no 1930[1]. Tras a publicación destas dúas obras Higashi-Kutchan kō e Kanikōsen acadou gran relevancia, sendo con Tokunaga Sunao un dos máximos representantes da literatura proletaria nipona[2].

Traslado a Toquio editar

En 1930 trasladouse a Toquio. Instalouse no barrio de Nakano e concentrouse na escritura e asociouse ó grupo coñecido coma Liga dos Escritores[1]. Publicou novelas e ensaios centrados nos movementos revolucionarios. Participou en conferencias por todo o país, sendo detido en Osaka, acusado de ofrecer apoio económico ós comunistas.[1] Liberado, volveu ser detido en Toquio. Na prisión estableceu unha relación epistolar con Naoya Shiga, ó que visitou trala súa liberación no outono do 1931[1]. No mesmo ano 1931 afiliouse ó partido comunista[2]. En setembro do 1931, a temática da súa obra virou cara ao pacifismo coma resposta á invasión de Manchuria por parte do exercito imperial xaponés. Co comezo da guerra, a represión endureceuse, especialmente sobre os autores ligados ó Comunismo ou críticos co réxime[1]. Kobayashi puido escapar, e na clandestinidade comezou a escribir a súa obra Xente do barrio.

Morte editar

Foi detido cara ao mediodía do 20 de febreiro do 1933 no distrito de Akasaka. Morreu o mesmo día cara ás oito da tarde, despois de ser torturado pola polícia de Tokkō. Tiña no momento da súa morte 29 anos.[3]. Oficialmente a causa da morte foi un paro cardíaco, mais ningún hospital se atreveu a realizar a autopsia, a pesar dos indicios evidentes de torturas[1]. Hoxe en día existe un consenso respecto á súa morte, derivada das torturas sufridas a man da policía imperial[2].

Obras editar

  • Higashi-Kutchan kō, 1928
  • Kanikōsen, 1929
  • Fuzai jinushi, 1929
  • Tōseikatsusha, 1932

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Kobayashi, Takiji (Xuño de 2021). Kanikosen. Traducido por Yoko Ogihara e Fernando Cordobés e Ilustrado por Go Fujio (1ª ed.). Gallo Nero. ISBN 978-84-941087-7-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Kobayashi, Takiji (Maio de 2021). O caranguexeiro. Traducido por Gabriel Álvarez Martínez (1ª ed.). Santiago de Compostela: Hugin e Munin. ISBN 978-84-121280-4-8. 
  3. Persoeiros de Minato (en inglés).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar