Taeksi Unjeonsa

filme de 2017 dirixido por Jang Hoon

Taeksi Unjeonsa (en coreano: 택시운전사) é un filme sucoreano de 2017 dirixido por Jang Hoon e escrito por Eom Yu-na. É un filme dramático e de acción[3] protagonizado por Song Kang-ho, xunto con Thomas Kretschmann.[4][5] Baséase nunha historia real e o filme céntrase nun condutor de taxi de Seúl que acaba por involucrarse sen querer no masacre de Gwangju en 1980. Baséase nas interaccións do xornalista alemán Jürgen Hinzpeter co condutor Kim Sa-bok; porén, como a identidade e o nome real de Kim eran descoñecidos no momento no que se fixo o filme (Hinzpeter só o coñecía como "Kim Sa-bok"), a maioría dos elementos referentes á súa vida persoal e ó que ocorreu fóra de Gwangju son ficticios.

Taeksi Unjeonsa
Ficha técnica
Título orixinal택시운전사
DirectorJang Hoon
ProdutorPark Un-kyoung
Choi Ki-sup
GuiónEom Yu-na
IntérpretesSong Kang-ho
Thomas Kretschmann
MúsicaJo Yeong-wook
FotografíaGo Nak-seon
MontaxeKim Sang-bum
Kim Jae-bum
EstudioThe Lamp
DistribuidoraShowbox
Estrea2 de agosto de 2017
Duración137 minutos
Orixe Corea do Sur
XéneroDrama e acción
Orzamento15 billóns de KRW[1]
(arredor de 13,8 millóns de dólares)
Recadación88,7 millóns de dólares[2]
(Corea do Sur)
Na rede
IMDB: tt6878038 Filmaffinity: 333973 Allocine: 260908 Rottentomatoes: m/a_taxi_driver_2017 Mojo: ataxidriver Metacritic: movie/a-taxi-driver Netlix: 80200945Editar o valor em Wikidata

O filme estreouse o 2 de agosto de 2017 en Corea do Sur.[6] Recibiu moi boas valoracións por parte da crítica que eloxiou a súa visión única dos eventos do masacre de Gwangju, o seu peso emocional así como o personaxe principal e a relación con Hinzpeter. Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios,[7][8] mais finalmente non foi nomeado. O filme foi un grande éxito comercial, sendo o segundo filme de 2017 con maior recadación en Corea do Sur, e converténdose no décimo primeiro filme con maior recadación da historia do país.[9][10]

Personaxes editar

Principais editar

Un condutor de taxi viúvo que vive coa súa filla de once anos nunha pequena casa. É un home común da clase traballadora que coida da súa familia e ten pouco interese polas cuestións políticas.[11] O personaxe baséase no condutor de taxi real Kim Sa-bok, que transportaba a Jurgen Hinzpeter até Gwangju. Kim permaneceu fóra da vida pública até a estrea do filme,[12] e en setembro de 2017, despois do enorme éxito comercial e da crítica en Corea do Sur, a identidade de Kim foi finalmente confirmada polo seu fillo, Kim Seung-pil. O fillo de Kim compartiu cos medios de comunicación unha foto de seu pai xunto a Jurgen Hinzpeter e revelou que o seu pai morrera de cancro en 1984, catro anos despois dos eventos de Gwangju.[13]
Un xornalista alemán. O personaxe baséase na vida de Jürgen Hinzpeter (1937–2016), o derradeiro xornalista alemán que filmou e reportou o masacre de Gwangju.[14]

Secundarios editar

  • Yoo Hae-jin como Hwang Tae-sool
  • Ryu Jun-yeol como Gu Jae-sik
  • Park Hyuk-kwon como xornalista Choi
  • Uhm Tae-goo como Sarxento de Primeira clase Park
  • Yoo Eun-mi como Eun-jeong
  • Choi Gwi-hwa como líder de DSC
  • Cha Soon-bae como condutor Cha
  • Shin Dam-soo como condutor Shin
  • Ryoo Seong-hyeon como condutor Ryoo
  • Park Min-hee como Kwon Joong-ryeong
  • Lee Jeong-eun como muller de Hwang Tae-sool
  • Kwon Soon-joon como Kang Sang-goo
  • Yoon Seok-ho como fillo de Hwang Tae-sool
  • Heo Jeong-do como marido da muller embarazada de Seúl
  • Lee Bong-ryeon como muller embarazada de Seúl
  • Lee Ho-cheol como Hong Yong-pyo
  • Lee Young-yi como muller de Hong Yong-pyo
  • Han Geun-sup como estudante universitario protestante
  • Hong Wan-pyo como estudante universitario protestante

Notas editar

  1. ""영화 '택시운전사' 1973년식 브리사 택시 복원에만 7개월"". Yonhap News Agency. 16 de xullo de 2017. Consultado o 2 de agosto de 2017. 
  2. "Taeksi Woonjunsa". The Numbers. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  3. A Taxi Driver (2017); Genres: Action, Drama, History - Metacritic
  4. Herald, The Korea (3 de maio de 2016). "Song Kang-ho to star in ‘Taxi Driver’". Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  5. "SONG Kang-ho Takes Lead in TAXI DRIVER Depicting the Gwangju Democratization Movement". Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  6. Korea Times, ed. (6 de xaneiro de 2017). "Big-budget movies to highlight 2017". Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  7. "제90회 아카데미영화상 외국어영화부문 한국영화 출품작 선정 결과". 4 de setembro de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2017. 
  8. Kil, Sonia (4 de setembro de 2017). Variety, ed. "Korea Hails ‘A Taxi Driver’ For Oscar Race". Consultado o 4 de setembro de 2017. 
  9. 2017 South Korea Yearly Box Office Results - Box Office Mojo
  10. Korean Film Council (ed.). "KOBIS(발권)통계". Consultado o 2 de setembro de 2018. 
  11. Shim Sun-ah and Cho Jae-young (12 de xullo de 2017). "(LEAD) (Yonhap Interview) Actor Song Kang-ho speaks about new film on Gwangju Uprising". Yonhap News Agency. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2020. 
  12. Choe Sang-hun (2 de agosto de 2017). "In South Korea, an Unsung Hero of History Gets His Due". The New York Times. Consultado o 2 de agosto de 2017. 
  13. Bae Seung-hoon (7 de setembro de 2017). "Taxi driver’s identity is confirmed". JoongAng Ilbo. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  14. "German actor Thomas Kretschmann to visit Korea to promote new film". Yonhap News Agency. 17 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar