T. J. Bray

baloncestista estadounidense

Thomas Joseph "T. J." Bray, nado o 14 de xuño de 1992 en New Berlin, Wisconsin, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.

T. J. Bray
Información persoal
Nacemento 14 de xuño de 1992 (31 anos)
Wisconsin New Berlin, Wisconsin
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 94 kg (207 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Catholic Memorial
(Waukesha, Wisconsin)
Universidade Princeton (2010–2014)
NBA Draft 2014 / Elección: Sen draftear
Carreira 2014–2021
Historial de equipos
Pallacanestro Trapani (2014–2015)
Casale Monteferrato (2015–2016)
Basic-Fit Brussels (2017)
Kolossos Rodou (2017–2018)
Rasta Vechta (2018–2019)
Bayern München (2019–2021)
Zaragoza (2020–2021)
Panathinaikos (2021)

Traxectoria editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2014, Bray xogou na Liga de Verán da NBA de 2014 cos Toronto Raptors, onde acadou 4.4 puntos, 1.6 rebotes e 1.2 asistencias, pero non foi invitado ós adestramentos de pretempada dos Raptors. O 6 de agosto de 2014, Bray asinou co Pallacanestro Trapani da Serie A2 italiana.[1]

Tras a súa primeira tempada na Serie A2, onde fixo 9.5 puntos e 3.0 asistencias por encontro, Bray xogou a Liga de Verán da NBA de 2015 cos New York Knicks, pero tan só participou en dous partidos, así que regresou á segunda división italiana para asinar co AS Junior Pallacanestro Casale.[2] Bray participou en 35 partidos co Casale, 14.7 puntos e 3.1 asistencias por partido.

O 10 de xaneiro de 2017, Bray asinou co Basic-Fit Brussels belga para o resto da tempada 2016-17.[3] O 3 de agosto de 2017, Bray asinou co Kolossos Rodou grego.[4]

O 14 de xullo de 2018, Bray asinou co SC Rasta Vechta da Basketball Bundesliga.[5] Tras facer 14.8 puntos, 3.2 rebotes e 7.7 asistencias por encontro, sendo máximo asistente do ano na competición, Bray foi incluído no mellor quinteto da tempada da Bundesliga, e rematou na segunda posición na votación para o MVP, tan só por detrás de Will Cummings.[6]

O 11 de xullo de 2019, Bray asinou un contrato de dous anos co FC Bayern München da Basketball Bundesliga.[7]

O 3 de decembro de 2020, Bray asinou co Basket Zaragoza 2002 da Liga ACB.[8]

O 8 de febreiro de 2021, Bray asinou un contrato de dous anos e medio co Panathinaikos BC grego.[9] O 15 de agosto de 2021, Bray deixou o Panathinaikos por motivos persoais.[10] O 9 de setembro de 2021, Bray anunciou a súa retirada coma xogador profesional de baloncesto.[11]

Notas editar

  1. "After Solid Stint in NBA Summer League, PU Alum Bray Signs With Italian Pro Team". Town Topics. 6 de agosto de 2014. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  2. "TJ Bray is the second foreigner of Novipiù". IlMonferrato.it. 4 de agosto de 2015. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  3. "T.J. Bray inks with Brussels". EuroMillionsBasketball.be. 10 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  4. Carchia, Emiliano (3 de agosto de 2017). "TJ Bray inks with Kolossos Rhodes". Sportando. NanoPress. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  5. Richter, Hauke (14 de xullo de 2018). "Rasta Vechta brings US pro Bray". NWZOnline.de. Consultado o 23 de abril de 2019. 
  6. "Our "Famous Five" of the season: Five professionals from Oldenburg, Berlin and Vechta make up the First Team". EasyCredit-BBL.de. 15 de maio de 2019. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  7. "Bayern tabs German League assist leader Bray". EuroLeague.net. 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  8. Yahyabeyoglu, Fersu (3 de decembro de 2020). "TJ Bray (ex Bayern) signs at Zaragoza". Eurobasket. Consultado o 3 de decembro de 2020. 
  9. T.J. Bray officially added by Panathinaikos
  10. "TJ Bray, Panathinaikos part ways". Sportando. 15 de agosto de 2021. Consultado o 15 de agosto de 2021. 
  11. "TJ Bray: I have decided to retire from professional basketball". Sportando. 9 de setembro de 2021. Consultado o 10 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar