Túnel do Gran Sasso

Coordenadas: 42°25′03″N 13°31′23″L / 42.4175, 13.523056

O túnel do Gran Sasso (Traforo del Gran Sasso en italiano) é parte da Autoestrada A24 italiana que une Roma e o Mar Adriático vía L'Aquila e Téramo, a través dos Montes Apeninos vía Gran Sasso en Abruzzo.

Túnel do Gran Sasso

Descrición editar

Hai dous túneles, cada un deles con dous carrís para cada dirección, 10.176 metros de longo, que tamén alberga os Laboratori Nazionali del Gran Sasso. Aínda que a construción comezou o 14 de novembro de 1968, a dirección leste do túnel (cara Teramo) non se abriu ata o 1 de decembro de 1984; mentres que a dirección oeste (cara L'Aquila) abriuse en 1995.

Trátase do terceiro túnel sobre estrada máis longo de Italia, despois dos túneles de Fréjus e Monte Bianco, e o túnel sobre estrada máis longo enteiramente en territorio italiano.