Técnica do Sudán III
A técnica do Sudán III é un método utilizado fundamentalmente para demostrar triglicéridos, aínda que tamén serve para tinguir outros lípidos.
Pertence ó grupo de colorantes indiferentes, que son aqueles que non teñen afinidade por estruturas ácidas ou básicas. Son insolubles na auga e tinguen aquelas substancias que teñen un poder de disolución superior ó do líquido empregado para prepara-la solución colorante.
Fundamento
editarOs colorantes para graxas son máis solubles nas propias graxas que no medio no que van disoltos. Así, ó bañar a graxa coa solución do colorante este tende a disolverse na graxa que se vai cargando do colorante. Por regra xeral estes colorantes sempre van en solución alcohólica ou ben nunha mestura de alcohol/acetona ou alcohol/auga.
Tecido control e diana
editarO tecido diana para esta técnica é o tecido adiposo e os lípidos en xeral. O fixador ideal é o formol 10%, e o grosor óptimo de corte é de 4 a 6 micrómetros.
Procedemento
editarOs reactivos empregados son o Sudán III, escarlata e hematoxilina. Primeiro cómpre desparafinar e hidratar para posteriormente lavar en auga destilada. Seguidamente engádese o Sudan III máis 40 gotas de vermello escarlata e déixase de 1 a 24 horas, tralas que se volve a lavar con auga corrente. Engádese hematoxilina (para o contraste) e déixase durante 5-10 minutos para posteriormente lavar en auga corrente e tras outros 5 minutos proceder a montar. Os resultados aparecerán en vermello.