Té branco

Variedade de té

O té branco é un de cor clara, que se prepara cos abrochos novos da planta, unha vez secos, sen sometelos a fermentación[1] polo que non sofren efectos de oxidación; os botóns poden estar protexidos da luz do sol para prevenir a formación de clorofila.

Herbas para o té branco

O té branco contén presuntamente propiedades que superan o té verde na prevención do cancro do colon e maior cantidade de antioxidantes que outros tés. En experiencias feitas por investigadores do Linus Pauling Institute da Universidade do Estado de Oregon, ao testaren as capacidades dos dous tipos de té en prevenir o desenvolvemento dos pólipos do colon, o té branco revelouse un 10% máis eficaz.

Entre todos os tés, o branco é o que presenta maior concentración de polifenois, entre outros antioxidantes. Esas substancias axudan a neutralizar os radicais libres, responsábeis do envellecemento celular.

NotasEditar

  1. Dicionario de alimentación e restauración, VV.AA., 2012, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar