Swithred de Essex
Swithred (tamén coñecido como Swaefred), finado en 758, foi rei de Essex, tras a morte de Saelred. O período do seu reinado vai do 746 ao 758, época na que este país era unha dependencia do reino de Mercia.
Nome orixinal | (en) Swithred |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VIII |
Morte | 758 |
Rei de Essex | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Traxectoria
editarSwithred era o neto de Sigeheard. Hai moi pouca información sobre o seu reinado. Hai outro Swithred que podería ser o seu fillo ou neto, que foi arcebispo de Canterbury co nome de Feologild (c. 832).
O seu nome aparece nunha carta de confirmación da doazón de Twikenham ao bispo de Londres[1][2][3].
Notas
editar- ↑ Stenton 1971, p. 204.
- ↑ Saenger 1997, p. 364.
- ↑ Godden & Keynes 2007, p. 19.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Godden, Malcolm; Keynes, Simon (2007). Anglo-Saxon England, Volume 34. Cambridge University Press.
- Keys, Jim (2010). The Dark Ages. Lulu.
- Kirby, D P (2000). The Earliest English Kings. Psychology Press.
- Saenger, Paul (1997). Space Between Words: The Origins of Silent Reading. Stanford University Press.
- Stenton, Frank (1971). Anglo-Saxon England. Clarendon Press.
- Thorpe, Benjamin (1845). "Genealogy of the Kings of Essex". A History of England under the Anglo-Saxon Kings, volume 1.