Saelred ou Selered de Essex, finado en 746, foi rei de Essex de c. 709 a 746.

Saelred de Essex
Nacementovalor descoñecido
Falecemento746
EtniaSaxóns
Ocupaciónmonarca
PaiSigeberht II de Essex
FillosSigeric de Essex
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

O seu dereito ao trono debeuse a ser descendente de Sledd de Essex, o fundador da súa dinastía. Parte do seu reinado produciuse conxuntamente con Swaefberht, quen se pensa que puido gobernar na parte de Middlesex. A súa data de morte coñécese por unha entrada na Crónica anglosaxoa, a pesar de que as circunstancias non foron precisadas.

Saelred foi sucedido por Swithred, neto de Sigeheard. O fillo de Saelred, Sigeric, sucedeu a Swithred.

Como os seus predecesores, Saelred non foi un gobernante independente, senón dependente do reino de Mercia.[1].

Notas editar

  1. Barbara Yorke, ‘East Saxons, kings of the (act. late 6th cent.–c.820)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004 accessed 9 Feb 2008

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Saelred en Prosopography of Anglo-Saxon England.