Suso Bahamonde

escritor galego

Suso Bahamonde, nado na Coruña en 1978, é un escritor galego.

Infotaula de personaSuso Bahamonde
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2130970

Traxectoria editar

Instalado na Costa da Morte, foi membro do Batallón Literario da Costa da Morte. Tamén fundou o grupo poético musical The Inversos onde mesturaban poesía e rock, e onde el se encargaba da voz e as letras.

Publicou en 2001 o poemario Óxido nas flores da tarde en Letras de Cal. Colaborou en Dorna. En 2012 obtivo o accésit do Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña polo relato "1985, verán"[1]. En 2014 publicou o poemario Expansión[2] que fora finalista no I Certame de Poesía Ardeiro. No 2019 publicou o poemario Caída. En 2021 fixo a súa primeira incursión na narrativa co libro de relatos, Instrucións para matar un oso.

Obra editar

Poesía editar

  • Óxido nas flores da tarde, 2001 (Ed. Letras de Cal).
  • Expansión, 2014 (Didot Editorial).
  • Caída, 2019 (M Editora).

Narrativa editar

  • Instrucións para matar un oso, 2021 (Editorial Belagua).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar