Susan Boyle
Susan Magdalane Boyle, nada en Blackburn (West Lothian) o 1 de abril de 1961, é unha cantante escocesa que acadou unha gran fama internacional cando apareceu como concursante no programa de televisión da ITV Britain's Got Talent o 11 de abril de 2009. Cantou "I Dreamed a Dream" do musical Les Misérables, mais non gañou o concurso e ficou segunda detrás do grupo de baile Diversity.
Susan Boyle | |
---|---|
![]() Susan Boyle en 2013 | |
Nome completo | Susan Magdalane Boyle |
Nacemento | 1 de abril de 1961 (61 anos) |
Orixe | Blackburn, West Lothian, ![]() |
Ocupación | Cantante |
Xénero | Música pop |
Instrumento(s) | Voz |
Tipo de voz | Mezzosoprano |
Selo(s) discográfico(s) | Sony Music, Syco, Columbia Records |
Relacionado con | Elaine Paige, Geraldine McQueen, Emeli Sandé |
Tempo en activo | 2009 - presente |
Na rede | |
http://www.susanboylemusic.com/es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
TraxectoriaEditar
Antes de cantar na audición, tanto os xuíces como o público demostraban desconfianza pola súa aparencia desleixada e comportamento inseguro. En resposta, despois dunha sorprendente actuación, foi ovacionada polo auditorio e polos xuíces, que aplaudiron de pé. O contraste da súa actuación coa primeira impresión que deu, xerou unha enorme repercusión global. Apareceu nos xornais de todo o mundo e bateu récords de reproducións en vídeos da Internet.
Aínda que non gañou o programa, asinou un contrato co selo discográfico Sony Music, e o 23 de novembro de 2009 saíu o seu primeiro álbum musical, I Dreamed a Dream. En apenas un mes acadou o título de álbum máis vendido do ano, con vendas que xa superan os dez millóns de copias ó redor do mundo.
DiscografíaEditar
Álbums musicaisEditar
- 2009: I Dreamed a Dream:
- Wild Horses
- I Dreamed a Dream
- Cry Me a River
- How Great Thou Art
- You'll See
- Daydream Believer
- Up to The Mountain
- Amazing Grace
- Who I Was Born to Be
- Proud
- The End of the World
- Silent Night
- 2010: The Gift:
- Perfect Day
- Hallelujah
- Do You Hear What I Hear?
- Don't Dream It's Over
- The First Noel
- Holy Night
- Away In A Manger
- Make Me A Channel Of...
- Auld Lang Syne
- O Come All Ye Faithful
SinxelosEditar
- 2009: Wild Horses
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)
- Facebook oficial
- Twitter oficial
- Vídeo da audición de Susan BoyleArquivado 02 de agosto de 2012 en Wayback Machine.