Surface Water and Ocean Topography

satélite da NASA, o CNES e a CSA para a observación da Terra

Surface Water and Ocean Topography, coñecido tamén pola súa sigla, SWOT, é un satélite conxunto da NASA, o CNES e a Axencia Espacial Canadense lanzado o 16 de decembro de 2022 a bordo dun foguete Falcon 9 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][4][5]

Surface Water and Ocean Topography / SWOT
SWOT
TipoCientífico
OrganizaciónNASA, CNES, Axencia Espacial Canadense
Contratistas principaisThales Alenia Space
Data de lanzamento16 de decembro de 2022[1][2][3]
Foguete portadorFalcon 9[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo da topografía oceánica.[2][3][4][5]
NSSDC ID2022-173A
Masa2200 kg[4]
Datos orbitais
Semieixo maior7271 km[1]
Inclinación77,6°[1]
Apoapse900,8 km[1]
Periapse899,9 km[1]

Características editar

A misión de SWOT é facer o primeiro estudo global da auga superficial da Terra, medindo con precisión os cambios nos corpos de auga ao longo do tempo. O satélite estudará o 90% da superficie terrestre, incluíndo lagos, ríos, reservas de auga e océanos polo menos dúas veces cada 21 días para mellorar os modelos de circulación oceánica e as predicións meteorolóxicas e climáticas, así como axudar á xestión do auga doce en todo o mundo.[1][2][4][5]

O satélite leva a bordo os seguintes instrumentos:[1][2][4][5]

  • KaRIn (Ka-band Radar Interferometer), un radar de apertura sintética en banda Ka.
  • Poseidon-3C, un altímetro para medir a altura sobre o a superficie mariña.
  • Un radiómetro de microondas para medir a cantidade de vapor de auga ó longo do traxecto do altímetro para corrixir o atraso dos pulsos de radar.
  • DORIS (Doppler Orbitography and Radiopositioning Integrated by Satellite), unha antena para seguimento Doppler e determinar con precisión a órbita do satélite e facer correccións ao altímetro polos efectos da ionosfera.
  • GPSP (GPS Payload receiver), un receptor GPS para determinar a órbita con precisión.
  • LRA (Laser Retroreflector Array), un retrorreflector láser para o seguimento desde estacións en terra para verificación das medicións do altímetro.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "SWOT" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "SWOT" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 11 April 2023 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (23-12431 (E)). 27 de xuño de 2023: 8. Consultado o 21 de marzo de 2024. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "SWOT" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2024). "SWOT" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar