Suplemento dietético
Os suplementos dietéticos (chamados tamén "suplementos nutricionais", "complementos nutricionais", "suplementos alimenticios") segundo estableceu nunha lei aprobada polo Congreso dos Estados Unidos en 1994 son os que:[1][2]
- Se consomen por vía oral.
- Conteñen un "ingrediente alimenticio" destinado a complementar a alimentación. Algúns exemplos de suplementos dietéticos son as vitaminas, os minerais, as herbas (unha soa herba ou unha mestura de varias), outros produtos vexetais, aminoácidos e compoñentes dos alimentos como as enzimas e os extractos glandulares.
- Veñen en diferentes presentacións, como comprimidos, cápsulas, cápsulas de xelatina, líquidos e pos.
- Non se presentan como substituto dun alimento convencional, nin como compoñente único dunha comida ou da dieta alimenticia.
- Identifícanse como suplementos dietéticos na etiqueta.
Os suplementos dietéticos véndense en tendas de comestibles, tendas de produtos dietéticos, e en farmacias.
Indicacións
editarAlgunhas aplicacións dos suplementos dietéticos teñen indicacións terapéuticas con base científica. Por exemplo, o ácido fólico evita algúns defectos conxénitos, e que un réxime de vitaminas e cinc pode retardar o avance da dexeneración macular asociada á idade.
Outros usos non demostraron cientificamente a súa eficacia. Por exemplo, unha fórmula de herbas que supostamente alivia a dor producida pola artrite; ou a inxesta de vitamina C previr ou tratar un arrefriado, aínda que os beneficios de tomar grandes cantidades de vitamina C con este propósito non se comprobaron.
Notas
editar- ↑ "Dietary Supplement Health and Education.". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2009. Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ "Dietary supplements: overview.". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2000. Consultado o 30 de marzo de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suplemento dietético |
Bibliografía
editar- Food and Nutrition Information Center. "Dietary Supplements: General Resources for Consumers" (PDF). National Agricultural Library. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de decembro de 2008. Consultado o 24 de agosto de 2021. List of resources that provides an overview of herbal and dietary supplements, including use, regulation, research, and cautionary information.
- "Questions to Ask Before Taking Vitamin and Mineral Supplements". nutrition.gov. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2021.
- "Dietary Supplement Fact Sheets". NIH Office of Dietary Supplements.