Supermarine Sea Eagle

O Supermarine Sea Eagle foi un hidroavión británico de pasaxeiros. Foi deseñado e construído por Supermarine Aviation Works para a súa filial, a aeroliña British Marine Air Navigation Co Ltd, para ser usados na súa ruta a través do canal da Mancha entre Southampton, as Illas do Canal e Francia.

Supermarine Sea Eagle
Sea Eagle G-EBFK
Tipohidroavión de pasaxeiros
FabricanteSupermarine
Deseñado porR. J. Mitchell
Primeiro vooxuño de 1923
Introducidosetembro de 1923
Principais usuariosBritish Marine Air Navigation Co Ltd
Produción1923
Unidades construídas3

Servizo

editar

Fabricáronse tres aparellos civís, G-EBFK, G-EBGR e G-EBGS, e o servizo regular entre Southampton e Guernsey comezou o 25 de setembro de 1923 (o planeado servizo a Francia nunca chegou a implementarse). Este foi o primeiro servizo británico regular de pasaxeiros con hidroavións. Porén, o G-EBFK esnafrouse o 21 de maio de 1924 e en xaneiro de 1927 o G-EBGS perdeuse cando foi acometido por un barco no porto de Saint Peter Port, Guernsey.[1] O terceiro avión continuou a ruta ata 1928, cando foi substituído por un Short S.8 Calcutta.[2]

O casco de madeira do Sea Eagle supervivente, o G-EBGR, foi conservado por Vickers ata 1949, cando llo presentaron á British Overseas Airways Corporation. BOAC queimouno en 1954 pola falta de espazo de almacenamento.[3]

Variantes

editar

O Supermarine Sheldrake usaba o casco do Sea Eagle e as ás do Seagull cunha instalación de motor tractor. Só chegou a construírse un exemplar.

O Supermarine Scarab foi un hidroavión militar baseado nos Sea Eagle e Sheldrake pero cun motor en configuración de impulso, deseñado especialmente para a Armada Española. Fabricáronse e entregáronse 12 exemplares para o servizo aéreo da Armada de España para ser usados no rol de bombardeiro/recoñecemento durante a guerra do Rif. Estaba equipado cunha metralladora Lewis de 7,7 mm e unha carga de bombas de 454 kg.[4]

Operadores

editar
  España
  Reino Unido
  1. London 2003, p. 72
  2. London 2003, p. 73
  3. London 2003, p. 257
  4. "Supermarine Scarab". www.historyofwar.org. Consultado o 2024-05-19. 

Bibliografía

editar