Descontinuidade (xeoloxía)

fronteira entre capas de rochas con diferentes propiedades no interior da Terra
(Redirección desde «Superficie de descontinuidade»)

En xeoloxía o termo descontinuidade (ou superficie de descontinuidde) úsase para designar os límtes, especialmente no interior da Terra, entre capas con rochas de densidades diferentes (as denominadas descontinuidades de densidade ou descontinuidades sísimicas), pero tamén para designar diferentes facies sedimentarias.

Capas mecánicas da Terra (non está a escala).
Capas mecánicas da Terra a escala.
Capas compositivas da Terra (non está a escala).
Capas compositovas da Terra a escala.

Distínguense catro descontinuidades no interior da Terra:

Tamén hai catro descontinuidades relativas a capas de rochas distintas:

Neste caso, descontinuidade é o do contacto ou límite entre as unidades litoestratigráficas, marcada por un significativo hiato, ou sexa, un período en que houbo erosión ou non deposición, e que se denomina máis específica e apropiadamente discordancia, e que pode clasificarse como:

  • Descontinuidade angular: Inicialmente houbo un depósito dun material que foi litificado ou non, e que sufriu abalos sísmicos cambiando a súa configuración inicial. Posteriormente, houbo unha nova deposición que xerou novas rochas diferentes.
  • Descontinuidade litolóxica: Descontinuidade dunha capa de rocha sedimentaria sobre unha rocha metamórfica ou ígnea.
  • Descontinuidade erosiva: Durante o hiato ocorren diversos procesos erosivos, formando unha superficie de erosión. Posteriormente os sedimentos da rocha máis nova se depositan normalmente.
  • Desconinuidade paralela: Sucesión de sedimentos paralelos sen superficie erosiva, que só pode ser identificada coa análise do contido fosilífero.

Véxase tamén editar