Descontinuidade de Lehmann
A descontinuidade de Lehmann, tamén chamada descontinuidade de Wiechert-Lehmann-Jeffrys, é o límite entre o núcleo externo, fluído, e o núcleo interno, sólido, da Terra.
Foi descuberta en 1936 pola sismóloga danesa Inge Lehmann.[1]
Está situada a unha profundidade media de 5 155 km, dato que non se estableceu con precisión até o principio da década de 1960.[2]
Outra descontinuidade máis superficial á que tamén se lle deu o nome de descontinuidade de Lehmann por ser igualmente descuberta por ela está situada a uns 220 km de profundidade. A esa profundidade prodúcese un abrupto incremento das velocidades das ondas P e S, a unha profundidade de aproximidamente 220±30 km. Obsérvase debaixo dos continentes, pero xeralmente non por debaixo dos océanos.[3] Para explicar esta descontinuidade propuxéronse varias teorías.[4]
Notas
editar- ↑ William Lowrie (1997): Fundamentals of Geophysics. Cambridge University Press. páx. 158. ISBN 0-521-46728-4. [1]
- ↑ Tarbuck, E. J. & Lutgens, F. K. 2005. Ciencias de la Tierra, 8ª edición. Pearson Educación S. A., Madrid. ISBN 84-205-4400-0
- ↑ Stixrude, Lars (2005). "Mineralogy and elasticity of the oceanic upper mantle: Origin of the low-velocity zone". Journal of Geophysical Research (en inglés) 110 (B3): B03204. ISSN 0148-0227. doi:10.1029/2004JB002965. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 06 de febreiro de 2020.
- ↑ Shunʼichirō Karato (2008): Deformation of earth materials: an introduction to the rheology of solid earth. Cambridge University Press. ISBN 0-521-84404-5
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- P. Caloi (1967). "The "20° Discontinuity"". En H. E. Landsberg, J. Van Mieghem. Advances in geophysics, Volume 12. Academic Press. p. 167. ISBN 0120188120.
Outros artigos
editar- Descontinuidade
- Descontinuidade de Conrad
- Descontinuidade de Mohorovičić
- Descontinuidade de Gutenberg
- Estrutura interna da Terra
Ligazóns externas
editar- Inge Lehmann, UCLA. (en inglés) Consultada o 17/3/2012.
- Career highlights of Inge Lehmann from UCLA. (en inglés) Consultada o 17/3/2012.