Superfamilia Ras
A superfamilia Ras é unha superfamilia proteica de pequenas GTPases, as cales están todas relacionadas en maior ou menor grao coa subfamilia Ras (cuxos membros principais en humanos son KRAS, NRAS, e HRAS).
Superfamilia Ras | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura de H-Ras PDB 121p, superficie coloreada por conservación: dourado, o máis conservado; ciano escuro, o menos conservado. | |||||||||||
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | Ras | ||||||||||
Pfam | PF00071 | ||||||||||
InterPro | IPR013753 | ||||||||||
PROSITE | PDOC00017 | ||||||||||
SCOPe | 5p21 / SUPFAM | ||||||||||
OPM protein | 1uad | ||||||||||
CDD | cd00882 | ||||||||||
|
Na superfamilia Ras hai máis de cen proteínas.[1] Baseándose na estrutura, secuencia e función, a superfamilia Ras divídese en nove familias principais, cada unha das cales á súa vez se divide en subfamilias, que son: Ras, Rad, Rab, Rap, Ran, Rho, Rheb, Rit, e Arf. Outro membro recente da superfamilia é Miro.
Cada subfamilia comparte un dominio G central común, que proporciona a actividade esencial de GTPase e intercambio de nucleótidos.
A secuencia que o rodea axuda a determinar a especficidade funcional das pequenas GTPases, por exemplo o 'bucle de inseción' común na subfamilia Rho, contribúe especificamente á unión de proteínas efectoras como IQGAP e WASP.
En xeral, a superfamilia Ras é a responsable da proliferación celular: Rho da morfoloxía celular, Ran do transporte nuclear, e Rab e Arf do transporte de vesículas.[2]
Subfamilias e membros
editarA seguinte é unha lista de proteínas humanas da superfamilia Ras:[1]
Non clasificados:
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Wennerberg K, Rossman KL, Der CJ (March 2005). "The Ras superfamily at a glance". J. Cell. Sci. 118 (Pt 5): 843–6. PMID 15731001. doi:10.1242/jcs.01660.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Munemitsu S, Innis M, Clark R, McCormick F, Ullrich A, Polakis P. (1990). "Molecular cloning and experssion of a G25K cDNA, the human homolog of the yeast cell cycle gene CDC42". Mol Cell Biol 10 (11): 5977–82. ISSN 0270-7306. PMC 361395. PMID 2122236.