Os sulfolípidos son un tipo de lípidos que posúen un grupo funcional que contén xofre. Un exemplo de sulfolípido abundante é o sulfoquinovosil diacilglicerol, que está composto por un glicósido de sulfoquinovosa e un diacilglicerol. En plantas, os sulfoquinovosil diaiylglicéridos (SQDG) son importantes no ciclo do xofre.[1] Outros sulfolípidos salientables son os sulfátidos e seminolípidos, que son glicolípidos sulfatados.

Estrutura química do sulfoquinovosil distearoilglicerol, un tipo de sulfoquinovosil diacilglicerol

Notas editar

  1. Harwood, John L.; Nicholls, Rodney G. (1979). "The plant sulfolipid. A major component of the sulfur cycle". Biochemical Society Transactions 7 (2): 440–7. PMID 428677. doi:10.1042/bst0070440. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.