Suisei (en xaponés, すいせい) ou Planet-A foi unha sonda espacial da axencia xaponesa ISAS (Institute of Space and Astronautical Science) lanzado o 18 de agosto de 1985 mediante un foguete Mu-3S-2 desde o Centro Espacial de Uchinoura.[1][2][3][7]

Suisei / Planet A
Suisei
TipoCientífico
OrganizaciónISAS
Destino actualFóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento18 de agosto de 1985[1][4][5][6]
Foguete portadorMu-3S-2[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Uchinoura[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo do cometa Halley.[1][2]
NSSDC ID1985-073A
Masa139,5 kg[1]
DimensiónsCilindro de 1,4 m de diámetro e 70 cm de alto.[7]
Potencia100 W[1]

Características editar

Suisei (Cometa en xaponés) foi lanzada para sobrevoar e estudar o cometa Halley no seu perihelio de 1986. O obxectivo principal era tomar imaxes no ultravioleta da coroa de hidróxeno do cometa nun período de 30 días antes e despois do máximo achegamento. A sonda tamén medíu o vento solar durante un período de tempo maior. Suisei tiña forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 70 cm de alto e 140 quilos de peso, e estabilizábase mediante xiro, cun sistema de propulsión alimentado por hidracina para o control de actitude e de rotación.[1][2][3][7]

A sonda levaba dous instrumentos a bordo:[1][2][3][7]

  • Unha cámara para o ultravioleta.
  • Un experimento de plasma.

As observacións de Suisei no ultravioleta comezaron en novembro de 1985, obtendo ata seis imaxes por día. O máximo achegamento ao Halley tivo lugar o 8 de marzo de 1986, a unha distancia de 150.000 km do núcleo e sufrindo tan só dous impactos de partículas de po. Despois de finalizar a misión o control enviou á sonda a un sobrevoo da Terra para 1992 como paso previo ao sobrevoo doutro cometa, pero antes do sobrevoo perdeuse o contacto coa sonda.[1][2][3][7]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 NASA (14 de maio de 2020). "Suisei" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2020). "Planet A" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Planet A (Suisei)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  4. N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SUISEI" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  5. Claude Lafleur (2020). "Planet-A / Suisei" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  6. "Note verbale dated 30 October 1985 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (85-32149). 12 de novembro de 1985: 2. Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 JAXA, ed. (2020). "SUISEI" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar