Suba

localidade de Bogotá

Coordenadas: 4°44′28″N 74°05′02″O / 4.741, -74.084

Suba é a localidade número 11 de Distrito Capital de Bogotá. Atópase situada no norte da cidade. Entre os seus residentes atópanse todas as clases sociais aínda que predomina a clase baixa e media baixa na parte occidental, estrato socioeconómico 2 e 3; e predomina a clase media alta na parte oriental, o estrato socioeconómico 4 e 5; aínda que tamén con presenza de clase alta, estrato socioeconómico 6. Salienta por ser a máis poboada da cidade con máis dun millón de habitantes, e por ser a localidade con maior poboación de estrato medio alto da cidade, principalmente na zona leste da localidade, coñecida como «A Cidade do Sol».

Vista de Suba
Mapa de Suba en Bogotá.

Etimoloxía editar

Directamente tomado do antigo toponímico muisca da rexión, "Suba" significa "Flor do Sol" (Uba = Froito ou Flor, Sua = Sol, menos a súa última vogal, converténdose en posesivo).[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar