Su Hui (tradicional 蘇蕙; simplificado 苏蕙; pinyin Sū Huì), foi unha poeta chinesa do período medio dos Dezaseis Reinos, que viviu no século IV. O seu nome de cortesía é Ruolan (tradicional 若蘭; simplificado 若兰; pinyin Ruòlán}. Su é célebre polo seu extremadamente complexo poema en forma de palíndromo (huiwen 回文), que aparentemente innovou este xénero, ademais de producir o exemplo máis complexo da historia.[1]

Su Hui
Su Hui.jpg
Nacemento360
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Su Hui co seu gran palíndrom, o Xuanji Tu.

A dinastía Jin (265–420) unificara brevemente o imperio chinés en 280, mais entre 291 e 306 tivo lugar unha guerra civil entre múltiples bandos no norte da China, devastando esa parte do país. Durante os primeiros trece anos foi unha loita polo poder entre príncipes e duques. Entón, en 304, o líder da antigamente independente nación do Xiongnu do norte declaraon a independencia, baixo o acabado de declarar Gran Chanyu, Liu Yuan, máis tarde príncipe Han Zhao. Outros varios grupo de chineses non Han involucráronse no que se chama levantamento de Wu Hu. Contra 317 o último príncipe Jin que continuaba, agora como emperador, gobernaba un imperio reducido á antiga área do sur, e a antiga parte norte do imperio Jin fora dubdividido en varios estados independentes. En 351, fundouse o estado dos anteriores Qin e en 376 unificara con éxito o norte da China.

Su Hui era poeta do reino dos anteriores Qin (351-394). Procedían dunha familia de literatos do actual condado de Fufeng, na provincia de Shaanxi. Era a terceira filla de Su Daozhi. Su Hui casou aos dezaseis anos (quince segundo a conta occidental), e foi a vivir co seu marido, Dou Tao, no que hoxe é o distrito de Qinzhou, na provincia de Gansu, onde era o gobernador.

Poema palindrómico: Xuanji TuEditar

 
Su Hui bordando un círculo nunh ilustración da dinastía Qing

Su Hui foi coñecida por un poema importante e infrecuente. Foi descrito en fontes contemporáneas como tecido en brocado, tense que ler en círculo e consiste en 112 ou tamén 840 caracteres. No período Tang, contábase a seguinte historia:[2]

Dou Tao de Qinzhou estaba exiliado no deserto, lonxe da súa esposa a señora Su. Trala súa marcha de Su, Dou xurou que non casaría con outra persoa. Porén, en canto chegou á rexión do deserto, casou con alguén. A señora Su compuxo un poema circular, tecido nunha peza de brocado, e envioullo.[3]

Outra fonte, que denomina o poema Xuanji Tu ("Cadro da esfera que xira"), afirma que era un poema palindrómico só comprensible para Dou, o que explicaría por que ningunha das fontes da era Tan o reimprimiu, e que cando el o leu, abandonou a vida no deserto e volveu a Su Hui.[4]

O texto do poema circulou continuamente na China medieval e nunca se perdeu, mais durante a dinastía Song volveuse raro. A versión de 112 caracteres estaba incluída en fontes anteriores. Os primeiros fragmentos da versión de 840 caracteres datan dun texto do século X de Li Fang. Varias copias do século XIII foron atribuídas, falsamente, a famosas mulleres da dinastía Song.[5] Na dinastían Ming o poema fíxose bastante popular e os estudosos descubriron 7940 formas de lelo. Tamén se menciona na historia Flores no Espello. O poema está colocado como unha matriz de vinte e nove por vinte e nove caracteres, e pode ser lido cara a adiante ou atrás, horizontal, vertical e diagonalmente, así como por cadros de cores.[6]

 
Versión en escritura chinesa simplificada e orixinal do poema palindrómico Xuanji Tu de Su Hui.

Durante a dinastía Qing introduciuse o carácter 心 (corazón) no centro do poema, así que agora ten 841 caracteres.

Outros poemasEditar

Consérvanse outros poemas atribuídos a Su Hui, mais parecen datar do período Ming.

NotasEditar

  1. Hinton, 105
  2. Wang, 51
  3. Wang, 51
  4. Wang, 52
  5. Wang, 80-81
  6. Hinton, 108

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Hinton, David (2008). Classical Chinese Poetry: An Anthology. New York: Farrar, Straus, and Giroux. ISBN 0-374-10536-7 / ISBN 978-0-374-10536-5.
  • Wang, Eugene. "Patterns Above and Within: Picture of the Turning Sphere and Medieval Chinese Astral Imagination." In Wilt Idema, ed., Book by Numbers, 49-89. Hong Kong: Hong Kong University Press, 2007.

Ligazóns externasEditar