Studio City é un distrito de 10,3 km² situado no Val de San Fernando na cidade dos Ánxeles (California).

Modelo:Xeografía políticaStudio City
Imaxe

Localización
Mapa
 34°08′37″N 118°23′43″O / 34.1436, -118.3953Coordenadas: 34°08′37″N 118°23′43″O / 34.1436, -118.3953
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado dos Ánxeles
Cidade chárterOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie158 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Orixe do seu nome editar

Studio City debe o seu nome a Mack Sennett, quen durante os anos 20 levou os seus estudios cinematográficos, Mack Sennett Studios, neste barrio dos Ánxeles. Posteriormente, estes estudios serían rebautizados como Mascot Picture Studios, Republic Pictures Studios, MTM Enterprises Studios e, ó día de hoxe, coñecidos como CBS Radford Studios[1].

Poboación editar

Segundo o almanaque de San Fernando Valley[2] do ano 2000, Studio City tiña unha poboación de 25.841 habitantes e 13.086 casas. O prezo medio dunha casa é de 464.000 US $. A poboación é un 84% branca, cun 8% de hispanos, un 5% de asiáticos e un 3% de afroamericanos.

Na década de 1950 Studio City foi un lugar de residencia para unha importante poboación que profesaba o xudaísmo e que aínda mantén a súa presenza na zona. Igualmente, a zona é coñecida por unha reputada calidade gastronómica e pola cantidade de estrelas do mundo do cine e a televisión que residen nela.

Notas editar

  1. [1]
  2. "San Fernando Valley". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 24 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar