Enterococcus faecalis
Enterococcus faecalis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Enterococcus faecalis' |
Enterococcus faecalis é unha especie de bacterias grampositivas comensais, que viven no tracto dixestivo dos humanos e outros mamíferos e aves. Antes clasificábanse como parte do Grupo D dos Streptococcus, polo que antes de 1984 E. faecalis denominábase Streptococcus faecalis.[1] [2] Como outras especies do xénero Enterococcus, E. faecalis pode causar infeccións en humanos que poden chegar a ser mortais, especialmente no ambiente hospitalario (infección nosocomial), onde os altos niveis naturais de resistencia a antibióticos de E. faecalis contribúen á súa patoxenicidade.[2] E. faecalis encóntrase con frecuencia en raíces de dentes que foron tratados odontoloxicamente entre o 30% e o 90% dos casos.[3][4]
O hábitat normal da especie é o tubo dixestivo de animais de sangue quente. Son indicadores de contaminación fecal, polo que a súa presenza nos alimentos indica en xeral falta de hixiene ou defectuosas condicións de conservación.
Fisioloxía
editarE. faecalis é unha bacteria inmóbil, anaerobia facultativa, que fermenta a glicosa sen producir gas, e é catalase negativa. Pode producir unha reacción de pseudocatalase feble se se cultiva en ágar sangue. Reduce o leite de tornasol, pero non licúa a xelatina. O seu crecemento en caldo nutriente é consistente con ser anaerobia facultativa. Cataboliza unha variedade de fontes de enerxía como carbohidratos, glicerol, lactato, malato, citrato, arxinina, agmatina, e moitos cetoácidos. Os enterococos sobreviven en ambientes moi hostís como a pHs extremadamente alcalinos (9,6) e altas concentracións de sal. Resiste aos sales biliares, deterxentes, metais pesados, etanol, azidas, e a desecamento. Pode crecer entre 10 e 45 °C e sobrevive durante 30 minutos a 60 °C. Como son moi resistentes a condicións adversas (conxelación, desecamento, tratamento térmico etc.) son bos indicadores para valorar as condicións hixiénicas e de conservación dos alimentos conxelados e desecados.
Patoxénese
editarE. faecalis pode causar endocardite e bacteremia, infeccións do tracto urinario, meninxite, e outras infeccións en humanos.[5][6] Pénsase que ten varios factores de virulencia que contribúen ás súas infeccións. Unha hemolisina codificada nun plásmido, chamada citolisina, é importante para a patoxénese en modelos animais, e a citolisina en combinación con altos niveis de resistencia á xentamicina está asociada con quintuplicar o risco de morte por bacteremia en humanos.[7][8][9] Un factor chamado "substancia de agregación" codificado nun plásmido é tamén importante para a virulencia en modelos animais da infección.[8][10]
Resistencia a antibióticos
editarE. faecalis é resistente a moitos axentes antimicrobianos comúns (aminoglicósidos, aztreonam, cefalosporinas, clindamicina, as penicilinas semisintéticas nafcilina e oxacilina, e trimetoprim-sulfametoxazol)[11][12]. A resistencia á vancomicina estase facendo máis común.[13][14] Opcións de tratamento para E. faecalis resistente á vancomicina son o linezolid e a daptomicina, aínda que é preferible a ampicilina en caso de que a bacteria sexa susceptible a ela.[15] A quinupristina/dalfopristina poden utilizarse para tratar Enterococcus faecium pero non E. faecalis.[15]
Notas
editar- ↑ Schleifer KH; Kilpper-Balz R (1984). "Transfer of Streptococcus faecalis and Streptococcus faecium to the genus Enterococcus nom. rev. as Enterococcus faecalis comb. nov. and Enterococcus faecium comb. nov". Int. J. Sys. Bacteriol. 34: 31–34. doi:10.1099/00207713-34-1-31.
- ↑ 2,0 2,1 Ryan KJ, Ray CG (editors) (2004). Sherris Medical Microbiology (4th ed.). McGraw Hill. pp. 294––5. ISBN 0-8385-8529-9.
- ↑ Molander A, Reit C, Dahlen G, Kvist T: Microbiological status of root-filled teeth with apical periodontitis, Int Endod J 31:1, 1998
- ↑ Rocas, IN, Siquiera JF, Jr., Santos KR: Association of Enterococcus faecalis with different forms of periradicular diseases, J Endod 30:315, 2004.
- ↑ Murray, BE. (1990). "The life and times of the Enterococcus.". Clin Microbiol Rev 3 (1): 46–65. PMID 2404568.
- ↑ Hidron AI, Edwards JR, Patel J; et al. (2008). "NHSN annual update: antimicrobial-resistant pathogens associated with healthcare-associated infections: annual summary of data reported to the National Healthcare Safety Network at the Centers for Disease Control and Prevention, 2006-2007". Infect Control Hosp Epidemiol 29 (11): 996–1011. PMID 18947320. doi:10.1086/591861.
- ↑ Huycke, MM.; Spiegel, CA.; Gilmore, MS. (1991). "Bacteremia caused by hemolytic, high-level gentamicin-resistant Enterococcus faecalis.". Antimicrob Agents Chemother 35 (8): 1626–34. PMID 1929336.
- ↑ 8,0 8,1 Chow, JW.; Thal, LA.; Perri, MB.; Vazquez, JA.; Donabedian, SM.; Clewell, DB.; Zervos, MJ. (1993). "Plasmid-associated hemolysin and aggregation substance production contribute to virulence in experimental enterococcal endocarditis.". Antimicrob Agents Chemother 37 (11): 2474–7. PMID 8285637.
- ↑ Ike, Y.; Hashimoto, H.; Clewell, DB. (1984). "Hemolysin of Streptococcus faecalis subspecies zymogenes contributes to virulence in mice.". Infect Immun 45 (2): 528–30. PMID 6086531.
- ↑ Hirt, H.; Schlievert, PM.; Dunny, GM. (2002). "In vivo induction of virulence and antibiotic resistance transfer in Enterococcus faecalis mediated by the sex pheromone-sensing system of pCF10.". Infect Immun 70 (2): 716–23. PMID 11796604.
- ↑ Silva, Juan A.; Asserella, Leyla R.; Bolados, Nury G.; Herrera, Nelson H.; Leyton, Johanna O. (2006). "Resistencia a antimicrobianos en cepas de Enterococcus sp aisladas en hospitales del norte de Chile". Revista chilena de infectología (en castelán) 23 (3): 226–231. ISSN 0716-1018.
- ↑ Tremblay CL, Letellier A, Quessy S, Boulianne M, Daignault D, Archambault M. Multiple-antibiotic resistance of Enterococcus faecalis and Enterococcus faecium from cecal contents in broiler chicken and turkey flocks slaughtered in Canada and plasmid colocalization of tetO and ermB genes. J Food Prot. 2011 Oct;74(10):1639-48. doi: 10.4315/0362-028X.JFP-10-451. PMID 22004810. [1]
- ↑ Amyes SG (2007). "Enterococci and streptococci". Int. J. Antimicrob. Agents. 29 Suppl 3: S43–52. PMID 17659211. doi:10.1016/S0924-8579(07)72177-5.
- ↑ Courvalin P (2006). "Vancomycin resistance in gram-positive cocci". Clin. Infect. Dis. 42 Suppl 1: S25–34. PMID 16323116. doi:10.1086/491711.
- ↑ 15,0 15,1 Arias, CA.; Contreras, GA.; Murray, BE. (2010). "Management of multidrug-resistant enterococcal infections.". Clin Microbiol Infect 16 (6): 555–62. PMID 20569266. doi:10.1111/j.1469-0691.2010.03214.x.