Strelitzia

xénero de plantas

Strelitzia é un xénero de plantas fanerógamas monocotiledóneas (magnoliópsidas), o tipo da familia das estrelitziáceas, propias de Suráfrica.

Flor de Strelitzia nicolai.

Características editar

As Strelitzia son plantas herbáceas perennes, de porte característico arbustivo, con grandes follas coriáceas e carnosas.

O xénero contén só especies surafricanas, pero Strelitzia reginae e Strelitzia nicolai cultívanse frecuentemente en xardíns tropicais de todo o mundo como plantas ornamentais, e son coñecidas como aves do paraíso, debido á forma da flor, que recorda a cabeza destas aves.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xén ero foi descrito en 1789 polo botánico escocés William Aiton.[2]

Etimoloxía editar

Co nome do xénero Aiton, que foi designado en 1759 director do novo Real Xardín Botánico de Kew (Londres), onde permaneceu até a súa morte en 1793, honrou a memoria da raíña Carlota de Inglaterra, esposa do rei Xurxo III do Reino Unido, princesa alemá filla de Carlos II, gran duque de Mecklenburg-Strelitz, que era moi afeccionada á botánica, e foi unha das colaboradoras dese Real Xardón Botánico.

Especies editar

Segundo o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), o xénero só inclúe dúas especies:[2]

Porén, o Kew Garden World Checklist (20 de marzo de 2012),recoñece as cinco especies seguintes, que recolle tamén a Encyclopedia of Life:[3][4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar