Stranger than Fiction (filme de 2006)

filme de 2006 dirixido por Marc Forster

Stranger than Fiction é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Marc Forster, producido por Lindsay Doran e escrito por Zach Helm. Está protagonizado por Will Ferrell, Maggie Gyllenhaal, Dustin Hoffman, Queen Latifah e Emma Thompson. O argumento principal segue a historia de Harold Crick (Ferrell), un traballador que comeza a escoitar unha voz que narra todo o que ocorre na súa vida. Segundo esta voz, el como protagonista principal, vai morrer de maneira inminente. O filme foi rodado en Chicago, e foi ben acollido pola crítica pola súa innovación, historia intelixente e interpretacións. Ferrell, quen protagonizara anteriormente comedias disparatadas, conseguiu unha atención especial por ofrecer unha actuación moderada no seu primeiro papel dramático como protagonista.

Stranger than Fiction
Ficha técnica
Título orixinalStranger than Fiction
DirectorMarc Forster
ProdutorLindsay Doran
GuiónZach Helm
Intérpretes
Música
FotografíaRoberto Schaefer
MontaxeMatt Chesse
Estudio
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea10 de novembro de 2006
Duración113 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Orzamento30 millóns de dólares[1]
Recadación53,7 millóns de dólares[1]
Na rede
http://www.sonypictures.com/movies/strangerthanfiction/
IMDB: tt0420223 Filmaffinity: 931318 Allocine: 59564 Rottentomatoes: m/stranger_than_fiction Mojo: strangerthanfiction Allmovie: v321035 TCM: 629174 Metacritic: movie/stranger-than-fiction TV.com: movies/stranger-than-fiction-2006 Netlix: 70044603Editar o valor em Wikidata

Stranger than Fiction foi distribuído por Columbia Pictures o 10 de novembro de 2006. Após a súa estrea, foi eloxiado polos seus temas, o humor e as interpretacións. Malia o éxito da crítica, o filme só conseguiu recadar 53 millóns de dólares sobre un orzamento de 30 millóns.

Personaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "Stranger Than Fiction (2006) – Box Office Mojo". Consultado o 13 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar