A Stoá de Eumenes está situada na parte sur da acrópole de Atenas entre os edificios do Teatro de Dioniso e o Odeón de Herodes Ático, construíuse por mandato do rei Eumenes II de Pérgamo no século -II.

Consta dunha gran planta rectangular de 163 metros de lonxitude por 17,65 metros de ancho con dúas galerías lonxitudinais separadas por columnas de dóricas igual que na súa parte frontal. Era o lugar de reunión e de paso dos visitantes do Teatro e do Odeón.

Ligazóns externas editar

Bibliografía editar