Stefan Dohr

músico alemán

Stefan Dohr, nado en 1965 en Münster, é un trompista alemán e, actualmente, o trompa solista da Orquestra Filharmónica de Berlín (Berliner Philharmoniker). Ademais de ser un dos máis cobizados profesores de "masterclass", imparte clases de trompa na Herbert von Karajan Academy.

Infotaula de personaStefan Dohr
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Münster, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFolkwang University of the Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor em Wikidata
Ocupacióntrompista (pt) Traducir , profesor de música , músico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoTrompa Editar o valor em Wikidata

Páxina webstefandohr.com Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: bffed64a-66db-4db8-96c2-5aa3977577f7 Discogs: 1162514 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Stefan Dohr estudou co profesor Wolfgang Wilhelmi na Musikhochschule en Essen e co profesor Erich Penzel en Colonia antes de obter a posición de trompa solista na Frankfurt Opera House con tan só 19 anos.

Ocupou a mesma posición (trompa solista) coa Bayreuth Festival Orchestra, a Orchestre Philharmonique de Nice e a Deutsches Symphonie-Orchester Berlin. En 1993, Stefan Dohr foi elixido para tocar como trompa principal na Filharmónica de Berlín.

Como solista, Stefan Dohr traballou con moitos célebres directores, entre eles, Daniel Barenboim, Bernard Haitink e Christian Thielemann así como Claudio Abbado, quen tamén o invitou a aparecer como trompista principal na Lucerne Festival Orchestra.

Ademais do repertorio como solista da época clásica e romántica, os intereses de Stefan Dohr céntranse en traballos contemporáneos, por exemplo, composicións de György Ligeti, Oliver Knussen e Volker David Kirchner. En marzo de 2008, interpretou a estrea mundial dun concerto para trompa composto, especialmente para el, polo compositor austríaco Herbert Willi.

Os seus compromisos como cobizado músico de cámara inclúen varios conxuntos coas filharmónicas coas que traballou, así como espectáculos con socios como Maurizio Pollini, Lars Vogt, Kolja Blacher, Ian Bostridge. Tamén é membro constante da Ensemble Wien-Berlin. Dito grupo celebrou o seu 25º aniversario en 2008 cunha serie de concertos, entre eles, houbo un no Lucerne Festival, onde o conxunto fixo a estrea mundial dunha nova obra do compositor australiano Brett Dean.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar