Startin'/Born to be...
«Starin'/Born to be...» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Ayumi Hamasaki | |||||
do álbum 'Secret' | |||||
Lanzamento | 8 de marzo de 2006 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 2005,2006 | ||||
Xénero musical | J-Pop | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 24:09 | ||||
Discográfica | avex trax | ||||
Produtor(es) | Max Matsuura | ||||
Escritor(es) | Ayumi Hamasaki | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
Startin' / Born To be... é o single nº 39 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente ó mercado o 8 de marzo do ano 2006.
Información
editarA canción "Startin" deuse a coñecer orixinalmente decembro de 2005, xa que incluíuse no videoxogo de Capcom para a consola Playstation 2 chamado Shin Onimusha: Dawn of Dreams, xunto coa canción "Rainy day". Ambas cancións serían utilizadas como openings e endings respectivos de dito videoxogo de ninjas.
As cancións estaban destinadas para ser incluídas no seguinte álbum de Ayumi Hamasaki, que estaba próximo a saír o mercado (sería (miss)understood), pero por razóns non aclaradas completamente, unicamente "Rainy day" incluíuse dentro do álbum, deixando "Startin'" fora deste. Aínda que as razóns no foron aclaradas, o máis obvio é que fose por razóns comerciais, e tamén para dar tempo os fans para que se foran acostumando á canción, que sería lanzada como single dun novo álbum meses despois.
"Startin'" finalmente foi acompañada por outra canción, supostamente gravada xa dentro do 2006, chamada "Born to Be...", canción utilizada dentro da cobertura de Nihon TV dos Xogos Olímpicos de Turín 2006, considerada tamén como todo un himno. Startin' / Born To Be..., como era de esperar, foi todo un éxito, debutando no primeiro lugar das listas de Oricon. Con este single, Ayumi Hamasaki logrou un novo récord, tras converterse na primeira cantante feminina en lograr levar 26 singles ó primeiro lugar das listas de forma consecutiva (batendo a Seiko Matsuda, que logrou levar 25 dos seus singles de forma consecutiva a primeira posición nos anos oitenta).
A canción incluída como bonus dentro do single, unha versión acústica de "Teens", tamén logrou facerse o seu propio recoñecemento, sen sequera ser utilizado nos medios de comunicación. A canción, orixinalmente do popular grupo de comezos dos anos noventa TRF, foi regravada por Ayumi para o novo álbum de dita banda, Lif-e-Motions, no cal tamén varios artistas do selo avex trax participaron facendo diversos covers. Pero a canción da artista destacou sobre os demais, xa que a única que cantou o seu cover en máis dun programa de televisión.
Lista de temas
editarCD
editar# | Título |
---|---|
1. | Startin' "Original Mix" |
2. | Born To Be... "Original Mix" |
3. | Teens "Acoustic Version" |
4. | Startin' "Original Mix -Instrumental-" |
5. | Born To Be... "Original Mix -Instrumental-" |
DVD
editar# | Título |
---|---|
1. | Startin' (videoclip) |
2. | Born To Be... (videoclip) |
Posición nas listas
editarLanzamento | Lista | Máxima posición | Vendas na primeira semana | Vendas totais | Semanas |
---|---|---|---|---|---|
8 de marzo de 2006 | Oricon Daily Singles Chart | #1 | |||
8 de marzo de 2006 | Oricon Weekly Singles Chart | #1 | 116,034 | 188,551 | 15 |
8 de marzo de 2006 | Oricon Monthly Singles Chart | #2 | |||
8 de marzo de 2006 | Oricon Yearly Singles Chart | #51 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Startin' / Born to be… información de Avex Network.
- Startin' / Born to be… (CD+DVD) información de Avex Network.
- Startin' / Born to be… información de Oricon.