Este é un dos singles que poden considerarse puntos destacables dentro da carreira de Ayumi Hamasaki, para ben o para mal. Para estas cancións pedíuselle axuda ó produtor europeo Geo, integrante da banda Sweetbox, e el foi quen produciu estas dúas cancións, que orixinalmente eran da súa propia banda. Tamén se incluíron dúas cancións deste produtor no álbum (miss)understood de Hamasaki, e de feito, "Bold & Delicious" foi o seu tema principal. As dúas cancións que compoñen este single teñen un aire bastante americanizado, o que se viu máis marcado nos vídeos xa que ambos vídeos gravados na cidade de Nova York, e teñen un aire bastante urbano. Incluso para o álbum foron incluídas voces dun coro de gospel, o que foi considerado por algúns críticos unha mala opción, xa que en ocasións tapan a mesma voz da cantante principal.
A pesar de debutar no primeiro lugar das listas de Oricon, as vendas deste single baixaron drasticamente o estándar de unidades vendidas pola artista, dende vender normalmente 300 mil copias por single, ata baixar a só 100 mil copias. O “fracaso” deste sinxelo tamén pode entenderse que afectou as vendas de (miss)understood, que foron tamén consideradas baixas comparadas ás dos traballos anteriores. O sinxelo inclúe ademais remesturas das dúas cancións que conformaron o sinxelo anterior.
Lista de temas
editar
# |
Título
|
---|
1. |
Bold & Delicious "Original Mix"
|
2. |
Pride "Original Mix"
|
3. |
HEAVEN "House Mix"
|
4. |
Will "Wall5 Remix"
|
5. |
Bold & Delicious "Original Mix -Instrumental-"
|
6. |
Pride "Original Mix -Instrumental-"
|
# |
Título
|
---|
1. |
Bold & Delicious (videoclip)
|
2. |
Pride (videoclip)
|
Posición nas listas
editar