Star Wars Galaxies: An Empire Divided

Star Wars Galaxies (SWG) é un videoxogo de rol baseado en A Guerra das Galaxias para PC desenvolto por Sony Online Entertainment e publicado por LucasArts. O xogo foi lanzado co título: Star Wars Galaxies: An Empire Divided (A guerra das galaxias: Un imperio dividido) en xuño de 2003.

Star Wars Galaxies: An Empire Divided
Desenvolvedor(es)Sony Online Entertainment
Distribuidora(s)Lucasfilm Games
Lanzamento26 de xuño de 2003
XéneroMMORPG, science fiction video game e videoxogo de rol
Modos de xogovideoxogo multixogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows
Na rede
http://starwarsgalaxies.station.sony.com
editar datos en Wikidata ]

Aspectos do xogo editar

Como tódolos MMORPGs Star Wars Galaxies está suxeito a continuos cambios.

O escenario do xogo é o xa coñecido universo de Star Wars, no período de tempo comprendido entre os episodios IV e V.

No xogo existen dez planetas diferentes, tomados das películas e do universo expandido: Tatooine, Naboo, Corellia, Talus, Rori, Dantooine, Lok, Yavin IV, a lúa bosque de Endor, e Dathomir. Cada un dos dez planetas está representado por 256 quilómetros cadrados (16 km x 16 km) de espazo, con tódalas cidades e localizacións comprendidas nese espazo.

Repartidos por tódolos mundos, ademais dos novos lugares creados polos desenvolvedores do xogo para encher os mundos ficticios, hai cidades, personaxes, e puntos de interese que foron vistos ou mencionados en varios medios de Star Wars. Exemplo disto son a cápsula de escape de R2-D2 e C-3PO en Tatooine, o pazo real de Naboo, a cidade de Coronet en Corellia, as bases rebeldes abandonadas en Dantooine e Yavin IV, o pirata Nym na súa fortaleza de Lok, os Ewoks na lúa de Endor e os rancors en Dathomir.

Entre as razas dispoñibles para escoller hai dez especies diferentes, tamén tomadas das películas e o universo expandido: humano, Twi'lek, Zabrak, Wookiee, Trandoshán, Rodián, Mon Calamari, Bothan, Sullustán ou Ithorián. Un personaxe pode ser tamén macho ou femia, e pertencer a unha das nove profesións primarias: Jedi, Cazarrecompensas, Contrabandista, Comando, Espía, Oficial, Médico, Animador ou Comerciante. Un personaxe pode tamén avanzar opcionalmente na profesión de Político ou Piloto, independentemente da súa profesión primaria.

Os personaxes en Star Wars Galaxies poden erixir e decorar edificios, coma casas, cantinas, e mansións. Estes edificios, estando agrupados, poden ser organizados como cidades, con membros da profesión política como alcaldes. Cando as cidades crecen en poboación, poden engadir edificios como garaxes de reparación de vehículos a espazoportos, e son mostradas nos mapas planetarios xunto con cidades canónicas como Theed ou Mos Eisley. As cidades e as casas permiten aos xogadores, a través dos seus personaxes, dar forma e definir os seus mundos, e a súa presenza fai que Tatooine nunha "galaxia" (un único servidor) sexa diferente de Tatooine noutra "galaxia".

Expansións editar

As tres expansións de Star Wars Galaxies engadiron contido adicional ao xogo. A primeira expansión esta agora dispoñible para tódolos xogadores de forma gratuíta. As outras dúas expansións deben ser compradas separadamente, ou coma parte dun pack (The Total Experience) que contén o xogo orixinal mais Jump to Lightspeed e Rage of the Wookies.

Jump to Lightspeed editar

A primeira expansión, Star Wars Galaxies: Jump to Lightspeed, foi lanzada o 27 de outubro de 2004. A expansión engadiu contido espacial ao xogo básico, xogado exclusivamente en terra, xunto coa opción de escoller dúas novas razas: os Sullustan e os Ithorian. Os personaxes poden escoller entre unha das tres profesións de piloto, cada unha baseada nunha facción diferente: Rebelde, Imperial ou Neutral. Esta profesión está separada da profesión principal do personaxe, aínda que gañar puntos de experiencia no espazo tamén da puntos de experiencia para repartir na profesión de combate en terra.

As áreas xogables no espazo inclúen dez sectores diferentes: Tatooine, Naboo (que contén Naboo e a súa lúa, Rori), Corellia (que contén Corellia e Talus), Dantooine, Karthakk (contén Lok), Yavin, Endor, Dathomir, Kessel e o Deep Space (Espazo profundo). Cada sector contén como mínimo un dos dez planetas, excepto Kessel e o Espazo Profundo, que son para xogadores de nivel alto.

Rage of the Wookies editar

A segunda expansión, Star Wars Galaxies: Rage of the Wookies, foi anunciada o 9 de marzo de 2005, e lanzada o 5 de maio de 2005. Esta expansión engadiu o planeta Kashyyyk e o seu correspondente sector espacial.

Trials of Obi-Wan editar

A terceira expansión, Star Wars Galaxies: Trials of Obi-Wan, foi anunciada o 19 de agosto de 2005, e lanzada o 1 de novembro do mesmo ano. Engadiu o planeta Mustafar ao xogo, aínda que non se engadiu ningún novo sector espacial.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar