StarCraft: Brood War

StarCraft: Brood War é unha expansión para o videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción futurista StarCraft, desenvolvida por Blizzard Entertainment e publicada en 1998. É un dos xogos para ordenador máis vendidos da historia, catalogado de best-séller e considerado como un clásico dos xogos de ordenador. Foi presentado para distintas plataformas, como Windows, Mac e Nintendo 64, aínda que esta última con menos acollida. Arredor de StarCraft: Brood War desenvolveuse un fenómeno de masas desde o seu lanzamento, aínda que anos despois comezou a desinflarse, coa excepción de Corea do Sur onde o xogo seguía a ser o máis popular ata 2010 co lanzamento de StarCraft II: Wings of Liberty

StarCraft: Brood War
Desenvolvedor(es)Saffire e Blizzard Entertainment
Distribuidora(s)Sierra Entertainment e Blizzard Entertainment
Deseñador(es)Chris Metzen
Lanzamento30 de novembro de 1998
Xénerovideoxogo de estratexia en tempo real
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Clasificación PEGI
Plataforma(s)ordenador persoal, macOS, Mac OS Classic e Microsoft Windows
Na rede
http://eu.blizzard.com/en-gb/games/sc/index.html e http://eu.blizzard.com/ru-ru/games/sc/index.html
editar datos en Wikidata ]

Campañas para un xogador editar

A campaña divídese en tres apartados segundo a raza coa que se xoga: Protoss, Terran e Zerg. Nelas particípase no argumento que é unha continuación da primeira entrega de StarCraft, e que tanto Protoss como Terran pretenden acabar co poder acadado polos Zerg, e estes últimos farán todo o posible por evitalo.

Multixogador editar

O modo multixogador supuxo unha revolución para os xogos da época. Co sistema Battle.net, acadouse un gran rendemento e un amplo número de xogadores en todo o mundo, obrigando a Battle.net a pasar dun único servidor para todo o mundo a distintos servidores segundo a zona xeográfica.

Esta expansión converteuse nun xogo de culto, tanto é así que en Corea do Sur chegáronse a crear canles de televisión co único fin de retransmitir partidas entre profesionais deste xogo como son Ongamenet e a desaparecida MBC Game. Os profesionais coreanos son considerados altamente populares polo seu extenso público, comparados en ocasións coa repercusión dos futbolistas en Europa.

Noutras partes de mundo, StarCraft tamén foi importante aínda que non chegou ata eses niveis. Cabe destacar a importancia en países como a China, Taiwán ou os Estados Unidos, onde os xogadores profesionais eran altamente premiados por patrocinadores.

Na actualidade editar

Dende o lanzamento de StarCraft II: Wings of Liberty en 2010, o xogo perdeu un considerable número de xogadores, embelesados polos novos gráficos e unidades da nova entrega. Non obstante, rapidamente ese xogo está a perder un gran número de afeccionados e nótase en StarCraft: Brood War, onde o número de xogadores está a medrar de novo desde finais do 2012.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar