Stadium de Toulouse

(Redirixido desde "Stadium Municipal de Toulouse")

Coordenadas: 43°35′00″N 1°26′03″L / 43.58333, -1.43417

O Stadium Municipal é un recinto deportivo da cidade de Tolosa, en Francia. Atópase na illa do Ramier, no río Garona, preto do centro da cidade.

Stadium Municipal
StadiumToulouse3.JPG
Datos
LocalizaciónToulouse, Francia
Construción
Inauguración1937
ArquitectoJean Montariol (orixinal)
Francis Cardete
Gérard Huet (remodelación)
Estadio
SuperficieAirFibr
Dimensións105 x 68
Capacidade33.150
LocalíaToulouse FC
Eventos

Ten capacidade para 33.150 espectadores e nel xoga os seus partidos o Toulouse FC, principal equipo de fútbol da cidade. Tamén acolle os partidos de grande afluencia do Stade Toulousain de rugby.

Foi unha das sedes do Mundial de Fútbol de 1938, o Mundial de 1998 e a Eurocopa 2016, ademais da Copa do Mundo de Rugby 2007.