Mars 2MV-4
Mars 2MV-4 foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar para facer un sobrevoo de Marte nos comezos da era espacial e obter datos e imaxes do planeta. A primeira en ser lanzada, coñecida oficiosamente como Sputnik 22 en occidente, non chegou nin á órbita terrestre por fallo do foguete lanzador, un Molniya. A segunda, nomeda como Mars 1, foi inxectada con éxito nunha órbita de transferencia cara Marte, pero deixou de transmitir varios meses despois de ser lanzada e antes de chegar ó planeta.[1][2]
Características
editarO modelo Mars 2MV-4 estaba baseado nas sondas Venera que estudaron Venus. Estaban formadas por un cilindro presurizado de 3,3 m de longo e 1,0 m de diámetro ao que ían unidas antenas, paneis solares e radiadores. O cilindro en si estaba dividido en dúas seccións: a parte inferior, de 0,6 m de longo, contiña a instrumentación científica, mentres que os 2,7 m superiores (denominado módulo orbital) contiñan os sistemas de guiado, propulsión e comunicacións, que tiñan lugar mediante unha antena principal parabólica de 1,7 m de diámetro e varias antenas omnidireccionais e semidireccionais. Os dous paneis solares tiñan unha superficie de 2,6 m2 e ían fixos en lados opostos do cilindro, alimentando unha batería de cadmio e níquel cunha capacidade de 42 Amperio-hora. As comunicacións tiñan lugar en tres sistemas de radio con lonxitudes de onda de 1,6 m, 32 cm e 5 e 8 cm. Os instrumentos científicos a bordo incluían un magnetómetro, unha cámara de televisión, un espectrorreflectómetro, sensores de radiación, un espectrógrafo para o estudo do ozono en Marte, un radiotelescopio e un detector de micrometeoroides.[1][2]
Historial de lanzamentos
editarData[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
24 de outubro de 1962 | Cosmódromo de Baikonur | Mars 2MV-4 Nº1 (Sputnik 22) | Fallo | Fallo da última etapa, cos fragmentos reentrando na atmosfera. O lanzamento tivo lugar durante a crise dos mísiles de Cuba e os framentos foron confundidos polos radares estadounidense momentaneamente cun posible ataque nuclear. |
1 de novembro de 1962 | Cosmódromo de Baikonur | Mars 2MV-4 Nº2 (Mars 1) | Éxito | A nave foi posta en órbita cara Marte, pero perdeuse o contacto con ela o 21 de marzo de 1963, antes de chegar ao planeta. |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mars 2MV-4 |