Sprint foi un semanario deportivo editado en Vigo entre 1927 e 1936.

Sprint
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulado Periódico deportivo, apareceu o 7 de outubro de 1927. Fundado e dirixido por Andrés Rodríguez Barbeito. Editábase na imprenta de Faro de Vigo e entre os seus redactores estaban Manuel de Castro González (coñecido como Handicap), Manuel Durán Valiño (coñecido como Man d'Uval) e o carballiñés Camilo Fumega Alanis. Enrique López foi o correspondente en Santiago de Compostela dende xuño de 1929, e Maruja Seoane foino na Coruña até o seu falecemento en novembro dese mesmo ano[1].

En 1929 fixo unha campaña rexionalista que lle custou o cargo ao seu director. Sucedeuno Luís del Valle (pseudónimo de Aurelio Domínguez Pérez). Foi un semanario crítico coas institucións ás que lle esixiu un maior fomento e plans ximnásticos nas escolas. O fútbol ocupaba a metade das follas da publicación (xeralmente de oito páxinas) e sempre aparecía en portada. Ademais do fútbol as noticias fixas eran sobre atletismo, boxeo, ciclismo e cinexética.

Mantivo rivalidade cos semanarios coruñeses Hércules e El Balón e co pontevedrés Aire. Desapareceu co estalido da guerra civil e a incorporación a filas do seu director, Luís del Valle.

  1. Sprint nº 108, 4/11/1929.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar